Mi lista de blogs

The wheels on the bus

  
  Hello girls and Boys!Today is Tuesday and sunny!Un día ideal para ir de excursión coa nosa imaxinación. Imos coller un "English Bus" en toda regla, "red" e con dous pisos "double decker bus". Mola mogollón percorrer London nun deses. Moi ben o pasamos Cheeky e eu a última vez que estivemos alá.


   Non paramos de cantar e de disfrutar das vistas desde o piso de arriba. Cheeky púxose teimudo, jjjj e non houbo outra mais que subir. As rodas daban voltas mil, as portas abríanse unha e outra vez,... Recordades?




   Moito vos gusta esta canción! Normal, no cole moviámonos por toda a clase e era ben divertido. Menudas maquetas de cartón! Os/as que as fixeron son uns/has artistas. Nós voltaremos de excursión, xa veredes. 

   Desde o bus vimos algún dos monumentos mais chulos de London. É unha cidade preciosa!!!



   Por qué non organizades unha viaxe cultural por Bergondo e visitamos os lugares máis bonitos e os monumentos mais importantes? Qué vos parece? Podédesvos debuxar no bus cos amig@s do cole. Non vos pidades tod@s no piso de arriba, jjjj Cada ventaniña para a cabeza dun amigo ou amiga "friend".


   Onte fomos en bici, hoxe en autobús,... igual temos ata que coller un cohete un destes días.
    
   Imos xogar un pouquiño logo. Qué tal un memory de transportes? Preme no enlace e logo en Start para empezar a partida. Dalle cantas veces queiras.





    Un bico con sabor londinense rapaciños e rapaciñas. Ata mañá! See you!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...