Mi lista de blogs

Let´s go fishing!




      Good morning children! Imos seguir co tema dos peixes "fish", que da moito xogo. Algunha vez fostes pescar con mamá ou papá? Si é así, xa saberedes que lle temos que colocar un cebo no anzuelo para engañar ao "fish" e que crea que é comida de verdade, lanzar moi lonxe coa cana "fishing rod" e esperar a que pique. Parece que xa picou e se resiste a que o collamos. Dádelle con moita forza ao carrete.

   Mirade que problemiña tivo este neno un día que foi "fishing".





   Nós no cole viamos a versión do señor que ía en bote e pescaba con rede, Recordádela? Era unha das cancións que nos presentaba Cookie.

   Qué vos parecería facer vós a vosa propia cana de pescar para xogar e cantar a canción? Mirade qué ideas mais sinxelas. Non vos preocupedes se non tedes algún material con folios ou cartolinas recicladas podedes facer cousas chulísimas. 


















   Monkey e mais eu fixemos a nosa cun pao, goma eva e una cinta chula. Púxemola "purple" que non é moi boa para camuflar na auga, pero é que nos gustaba tanto...


      Por si preferides un modelo ou colorear unha gran captura, eu déixovos elexir.





      Un dos xogos mais divertidos para min e que nos axuda a centrar a atención é o memory. Queredes xogar cos "fish" de cores a formar parellas. Podédelos imprimir ou facer vós mesmos/as. 




  Espero que vos gustaran as actividades de hoxe. Xa me contaredes. Agárdovos mañá con mais novidades. Un biquiño e ata mañá Bergondiñ@s! See you!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...