It´s Halloween!


O Halloween é unha das celebracións que máis ansiosamente esperamos e logo pásasenos voando entre pantasmas, esqueletes, bruxas e morcegos. Son seres que nos dan certo respeto, pero ao mesmo tempo atráenos esa sensación de asustar e xogar co medo.

Na clase de inglés convivimos con estas personaxes a través de contos e cancións. O noso favorito é o da bruxiña Meg e visionámolo nos EDIs. 





Coloreamos Pumpkins (cabazas) e tentamos aprender unha canción. 





Nas escolas a ambientación era total!!!!!!!




Aprendemos as tradicións dos países de fala inglesa sobor da celebración do Halloween e como os/as nenos/as van polas casas a pedir chuches disfrazados. Encantounos esta canción coa que ademais de "trick or treat" aprendemos os nomes de diferentes disfraces.



Encántanos asustar!!!! Xa temos elexido cada un o noso propio disfrace. 


Happy Halloween!

Autumn / Fall


O Outono hai días que entrou e as aulas están cheas de follas e froitos desta estación (Autumn en inglés británico / Fall en inglés americano) aportados polos nenos e nenas do CRA e recollidos coas súas familias.
As diferentes cores das follas nesta época, sirvénnos para introducir algunhas "colours" cos mais pequenos e aprender algúns nomes de froitos cos maiores.



Tamén disfrutamos con esta simpática cancionciña na que aparecen animaliños do bosque en procura de alimentos.


Back to school



Xa non queda nada para voltar ao cole. Qué ganiñas non? Como xa sabedes desde hai uns anos a liña de traballo do CRA é por proxectos e este curso en inglés imos participar tamén prescindindo de libros e texto e elaborando o noso propio material.
O proxecto elexido é O Planeta Verde/ The Green Planet. Xa vos iremos solicitando as familias a vosa colaboración e aportacións.
Feliz inicio de curso a todos/as! Vémonos o xoves día 10!

The Weather


Ao comezo das sesións de "English" adicámoslle un tempo ás rutinas. Saudamos, poñemos a data e dicimos o tempo que vai. Para iso en cada aula temos unhas tarxetiñas magnéticas con imaxes que nos serven de axuda. E como somos moi cantaríns sabemos unha canción para cada cousa. Xa en entradas anteriores demos conta delo. Estes días tentamos aprender unha moi chula do tempo "The Weather" que vos presentamos a continuación. Esperamos que vos guste.





See you soon!

Learning with Monkey!

A nosa mascota Monkey é unha fonte inagotable de recursos. Estamos tan encariñados con ela que nos encanta aprender cousas do seu mundo. Con estas cancións contamos en inglés cara adiante e cara atrás.







E con esta "song" tan graciosa na que se esconde Monkey, aprendemos algunhas preposicións.



Estas cancións utilizámolas continuamente nas sesións de inglés para reforzar a aprendizaxe e como acompañamento cando facemos traballo de fichas.

We love you Monkey!

Happy Book Day!




Hoxe, 23 de abril, celebramos o día do libro e que mellor maneira de facelo que lendo un conto. O elexido por nós en inglés foi Octopus´s Garden escrito por Ringo Starr e ilustrado por Ben Cort. Existe unha versión bilingüe en castelán e en inglés da editorial SM.


Este libro ensínanos que se pode soñar esperto. Un neno observando ao seu peixe na peceira, imaxina que viaxan ao fondo do mar e alí "octopus" descúbrelles un xardín maravilloso de algas, cunchas e corais; onde xogan, escoitan contos e están a salvo das tormentas.



























Pero como sempre que soñamos toca espertar, o neno e o peixe volven á súa realidade. Iso si moi contentos das aventuras vividas no seu maxín.
Aquí tedes o trailer da historia




Encántanos que nos conten historias!!! Tanto que quixemos facer nós de ilustradores e combinamos distintas técnicas para compoñer unha portada para este conto.







E como somos moi cantaríns, atopamos esta versión dos Beatles que nos parece moi divertida. 



Happy Book Day!!!

Easter Bunny

Xa non queda nada para a Pascua (Easter) e andamos emocionadas/as ante a visita de Easter Bunny e os seus deliciosos ovos de Chocolate (Easter eggs). As/os maiores do CRA recordamos unha canción do coelliño de Pascua que nos encanta e dámoslla a coñecer aos mais peques.




Coloreamos e diseñamos os nosos propios Easter Eggs e divertímonos contando Bunnies con esta outra canción.



Empeza a conta atrás. Happy Easter!




Under the sea


Estamos aprendendo moitas cousas con este proxecto do mar e nas sesións de inglés aportamos o noso graniño de area, combinándoas coas aventuras de Monkey.
No trimestre pasado achegámonos a comarca británica de Cornwall e coñecimos o faro de Landsend (Fisterra in English). Agora toca investigar a vida do mar. Qué animaliños viven nel? Para iso presentamos o conto dunha escritora que nos encanta, Julia Donaldson Sharing a shell (compartindo cuncha).


Os monicreques están realizados pol@s profes nun obradoiro no que participamos o curso pasado e a caracola foi cedida polos Silvosiñ@s.
É un conto de convivencia no que se valora o papel de cada un e a importancia ata do animal máis insignificante para un equilibrio no hábitat.
Imaxinamos cómo sería a historia e ilustrámola, incluso o propio Monkey colaborou.


Unha das personaxes un "Fish" serviunos para introducir un novo conto no que entre outros animais conta con un peixe dourado (goldfish). Aquí temos aos nenos e nenas de Silvoso presentándonos o libro. 

video

Brown bear, brown bear,What do you see? Escrito por Eric Carle  sírvenos para repasar as cores ao tempo que aprendemos nomes de distintos animais en inglés. Escenificámolo, realizamos traballos plásticos e tamén falamos doutros contos coñecidos escritos polo mesmo autor como The very hungry caterpillar (A eiruga larpeira) ou The bad tempered ladybird (A xoaniña rosmona)



E para completar estas sesións tan entretidas sobre os animais mariños non podía faltar unha canción e nesta ocasión a elexida é Slippery Fish.







Mirade que ilustracións fixemos para a canción:


Seguiremos aprendendo cousiñas do mar, ata a próxima!

Peace and friendship


Hoxe celebramos o día da paz e, desde a escola queremos aportar o noso graniño de area concienciando a nenos e nenas de como construila. Nas aulas falamos de cousas que están ben e cousas que están mal e non axudan a convivencia, das cousas que nos molestan e que podemos facer nós para mellorar a situación.



Valoramos a importancia de ter amigos e amigas e decimos que fai deles algo especial. A continuación plasmamos nunha ficha todo esto, debuxando "our best friends" (os nos@s mellores amig@s) e escribimos os seus "names".


Aquí tedes unha cancionciña da paz preciosa que incide na idea de que pese a que as persoas sexamos diferentes por fora por dentro somos iguais.


The Snowman





Parece que por fin chegou o inverno "winter" e con el as baixas temperaturas que nos sirven para aprender a nomear as prendas de vestir desta época  dun xeito significativo (coat, scarf, gloves, hat and boots).
Vestímonos e desvestímonos decíndoas e reforzamos este vocabulario co capítulo da nosa amiga Peppa Pig titulado Cold winter day (un frío día de inverno).





Pero o que máis nos fascina do inverno é a neve e como non, o poder xogar con ela e facer un boneco "snowman". Por iso eleximos esta canción tan entrañable dun babysnowman que ten dificultades para manterse en pe sobre o xeo. Practicamos expresións como It´s snowing (está nevando), It´s cold (vai frío) e vocabulario como snowflake (folerpa).




Como nos encantan os contos eleximos nesta ocasión un album ilustrado precioso titulado The Snowman de Raymnod Briggs. Un neno esperta emocionado un día de Nadal porque está nevando e fai un "snowman" que cobra vida pola maxia desta época e lévao atravesando o mundo enteiro a casa de Papá Noel.



O final resúltanos un pouco triste, pero plantexamos distintas posibilidades. Paga a pena que  vexades esta historia cos/as vosos/as fillos/as porque é preciosa.




Diseñamos e coloreamos o noso propio snowman, nomeamos as súas prendas e os máis pequenos fixérono cunha ilustración de Peppa Pig.



Seguiremos contándovos cousiñas da nosa vida nas aulas. 
Agora toca prepararse para a celebración do día da Paz ( Peace).

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...