Parece que por fin chegou o inverno "winter" e con el as baixas temperaturas que nos sirven para aprender a nomear as prendas de vestir desta época dun xeito significativo (coat, scarf, gloves, hat and boots).
Vestímonos e desvestímonos decíndoas e reforzamos este vocabulario co capítulo da nosa amiga Peppa Pig titulado Cold winter day (un frío día de inverno).
Pero o que máis nos fascina do inverno é a neve e como non, o poder xogar con ela e facer un boneco "snowman". Por iso eleximos esta canción tan entrañable dun babysnowman que ten dificultades para manterse en pe sobre o xeo. Practicamos expresións como It´s snowing (está nevando), It´s cold (vai frío) e vocabulario como snowflake (folerpa).
Como nos encantan os contos eleximos nesta ocasión un album ilustrado precioso titulado The Snowman de Raymnod Briggs. Un neno esperta emocionado un día de Nadal porque está nevando e fai un "snowman" que cobra vida pola maxia desta época e lévao atravesando o mundo enteiro a casa de Papá Noel.
O final resúltanos un pouco triste, pero plantexamos distintas posibilidades. Paga a pena que vexades esta historia cos/as vosos/as fillos/as porque é preciosa.
Diseñamos e coloreamos o noso propio snowman, nomeamos as súas prendas e os máis pequenos fixérono cunha ilustración de Peppa Pig.
Seguiremos contándovos cousiñas da nosa vida nas aulas.
Agora toca prepararse para a celebración do día da Paz ( Peace).
No hay comentarios:
Publicar un comentario