Halloween



Xa se respira ambiente de Halloween nas aulas e os nen@s andan emocionad@s con esta festa tan especial e terrorífica. Na clase de inglés aproveitamos a súa motivación para achegarnos ao mundo fantástico das bruxas "witches" a través de dous contos protagonizados por Meg e o seu gatiño Mog. 


Meg como bruxa é un pouquiño desastre e as súas "magic potions" non sempre funcionan ben. Con estas historias aprendemos  vocabulario propio de Halloween: witch, black cat, broomstick, bat, ghost...e ata as palabras máxicas para facer un encantamento: 
Abracadabra
Abracadoo,
red, yellow,
pink and blue.
Mirade como disfrutamos con elas.


Podedes seguir as súas aventuras neste vídeo de you tube. 


A profe Eva ao saber que disfrutabamos tanto con historias de witches in English, prestounos este libro precioso co que se nos puxeron os pelos de punta. Para contalo e darlle mais realismo Monkey e eu acudimos ás escolas cunha witch de verdade e os complementos necesarios: un "black hat" y unha "spider".




Aprendemos con el a expresar o que nos gusta ou non "in English": delicious/disgusting.

Houbo tempo tamén estes días para escoitar cancións de Halloween sobor "pumpkins and skeletons" (cabazas e esqueletes) coas que repasamos as partes do corpo.





















Podedes cantar cos vos@s fill@s grazas a estes vídeos.






E por suposto tamén tivemos tempo para realizar fichas con todos estes personaxes con maior ou menor dificultade segundo a idade.





Happy Halloween!

Colours


   As cores rodean o noso mundo, e na aula de infantil non poderíamos vivir sen elas. A aprendizáxe das mesmas en inglés, plantéxase como na súa propia lingua materna, introdúcenselle simultáneamente e o alumn@ vainas asimilando dun xeito natural.

   Estes días gozamos nas aulas dun conto que nos axuda a interiorizalas, titúlase Brown bear, brown bear what do you see? de Bill Martin e Eric Carle. A estructura sempre é a mesma van aparecendo animais aos que se lles pregunta que ven e eles contestan o nome do animal e a súa cor. Podédelo ver no seguinte video de you tube cantado polo autor. 


Asemade podedes practicar as cores cos vos@s fill@s na casa cantando con eles esta bonita canción. Nos xa estamos disfrutando e aprendendo con ela na escola.


Xa nos estamos preparando para Halloween, moi prontiño teredes noticias!!!

That´s the way we learn! Así aprendemos.


Xa levamos uns días de traballo no cole e vos imos contar como deseñamos as nosas sesións das clases de inglés.
Comezamos sempre por aproveitar os carteis da aula onde figuran os nen@s  que están no cole e os que quedaron na casa. Afianzamos así os termos "school" e "home". Cantamos " ...Is here today..." e "is not here today" (está e non está hoxe) e contamos.
A continuación saudamos a Monkey coa canción. "Good morning..."
Temos sempre un tempo de escoitar e ver unha pequena historia na pantalla dixital.
Traballamos as destrezas propias da aula con fichas sobor da historia anteriormente visionada.
Por último interpretamos unha canción de movemento.
Vede como gozamos aprendendo "in English".



























































































Durante estes días os conceptos traballados están sendo as cores, os números e o tempo: It´s raining/ It´s sunny.

Our first week of English


Esta foi a nosa primeira semana de English despois do período de adaptación. Nela aproveitamos para repasar algúns, e aprender os novos, as cancións dos saúdos e dos que están ou non no cole. Contamos por suposto coa axuda da nosa mascota Monkey á que lle custou bastante regresar das súas vacacións.




Mirade que boas migas fixemos con el e como gozamos saudándoo   "in English". 





Comezamos a contar en inglés e para iso escoitamos dúas cancións de números nas pantallas dixitais e mais Monkey trouxonos un libro puzzle para @s mais pequen@s.






















Os maiores están desexando xa empezar cos novos books, xa coñecemos aos seus protagonistas.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...