Xa se respira ambiente de Halloween nas aulas e os nen@s andan emocionad@s con esta festa tan especial e terrorífica. Na clase de inglés aproveitamos a súa motivación para achegarnos ao mundo fantástico das bruxas "witches" a través de dous contos protagonizados por Meg e o seu gatiño Mog.
Meg como bruxa é un pouquiño desastre e as súas "magic potions" non sempre funcionan ben. Con estas historias aprendemos vocabulario propio de Halloween: witch, black cat, broomstick, bat, ghost...e ata as palabras máxicas para facer un encantamento:
Abracadabra
Abracadoo,
red, yellow,
pink and blue.
Mirade como disfrutamos con elas.
A profe Eva ao saber que disfrutabamos tanto con historias de witches in English, prestounos este libro precioso co que se nos puxeron os pelos de punta. Para contalo e darlle mais realismo Monkey e eu acudimos ás escolas cunha witch de verdade e os complementos necesarios: un "black hat" y unha "spider".
Aprendemos con el a expresar o que nos gusta ou non "in English": delicious/disgusting.
Houbo tempo tamén estes días para escoitar cancións de Halloween sobor "pumpkins and skeletons" (cabazas e esqueletes) coas que repasamos as partes do corpo.
Podedes cantar cos vos@s fill@s grazas a estes vídeos.
E por suposto tamén tivemos tempo para realizar fichas con todos estes personaxes con maior ou menor dificultade segundo a idade.
Happy Halloween!
Que ben o pasamos na escola de Vixoi coas historias de Meg and Mog. Moitos biquiños profe Cova e ata o luns!!!!
ResponderEliminarThank you Mónica, a verdade e que Monkey e mais eu disfrutamos moito en Vixoi e ainda temos mais sorpresiñas de Halloween. Bicos.
ResponderEliminar¡Qué cancións tan terrorríficas! Con tanto esqueleto e tanto morcego... da medo saír da casa. Case que é mellor quedar nela preparando cabazas e comendo castañas.Bicos
ResponderEliminarJa,Ja, Ja...eu cáseque vou comer primeiro as castañas e despois irei con Monkey a algunha festiña de Halloween. Ainda andamos preparando o disfrace. Moitos bicos Marta e Happy Halloween!!!
Eliminar¡Que actividades máis divertidas para festexar Halloween! Encántame a bruxa Meg, é do máis simpática :-)
ResponderEliminarUnha aperta terrorífica teacher!!!!
Estámolo pasando fenomenal. O Halloween é unha festa moi divertida para os nen@s e as que somos como nen@s. Meg é xenial! Unha arrepiante aperta para ti Dolores!!!
EliminarUnha chulada o teu traballo sobre o Halloween, teacher, a seguir así con estes peques, seguro que conseguiremos levalos por todo o mundo con tantas cancións, ja,ja...bicos
ResponderEliminarGraciñas María, igual podemos ir con eles a tantos lugares como Madlenka. Ganas e ilusión poñemos, non si? Biquiños e disfruta destes días!!!
ResponderEliminarQue ben o pasan est@s rapaciñ@s in English clasroom! Son uns valentes e amosan non ter medo neste halloween, ao mesmo tempo que aprenden moitos costumes e cousiñas de inglés. Seguide así !!!
ResponderEliminarThank you Ricardo, @s nos@s rapaciñ@s son "very brave" tes razón. Pasámolo estupendamente co Halloween e eu a primeira. Biquiños!!!
ResponderEliminarNa nosa clase...NON TEMOS MEDO PORQUE NOS DA RISA!!! Thank you polo ben que o pasamos with you, teacher!!! Happy Halloween!!!
ResponderEliminarHappy Halloween Saleta and Butterflies!!!Sodes "very brave" eu si que disfruto convosco. Kisses!!!
ResponderEliminar