Mi lista de blogs

Madlenka and The tooth fairy



No Cra de Bergondo estamos a aprender moitas cousas de diferentes países do mundo grazas a Madlenka, unha nena que vive en New York á que se lle cae un dente. Semellante acontecemento faille querer compartilo con todos os seus amigos: un panadeiro francés, un vendedor de xornáis da India, un xeadeiro italiano, unha muller alemana, o fruteiro latinoamericano e o vendedor asiático.  Todos eles lle contan a Madlenka as maravillas dos seus países.
Na clase de inglés aproveitamos a caída do dente de Madlenka para introducir a figura da Tooth Fairy (fada dos dentes) a equivalente ao Ratiño Pérez nos países anglosaxóns. 


The Tooth Fairy tamén lle fai unha visitiña a nosa amiga Peppa Pig, vede que sorpresiña leva, premede no enlace para ver o capítulo.


Así disfrutamos coloreando a "the Tooth Fairy":





O dente de Madlenka nos da pé para traballar os hábitos de hixiene bucal. Aprendemos así a dicir dente, pasta e cepillo "tooth, tooth paste and tooth brush" e a cantar a canción de lavado de dentes. This is the way I brush my teeth...(así eu cepillo os dentes).

  

Esta é unha versión que escoitamos en you tube que nós simplificamos un pouquiño.




Pronto colgaremos vídeos de nós cantando e veredes que ben o facemos!



8 comentarios:

  1. Que entrada tan chula, bonitos marcos, si señor, jeejejejeee.... Agora teño que practicar eu!

    ResponderEliminar
  2. Thank you Rosa! Como sigamos aprendendo cousas do blogue...Ti non practiques moito que xa es unha profesional. Bicos, pronto che cantaremos os silvosiñ@s e eu a canción dos dentes.

    ResponderEliminar
  3. Moi guay, teacher!!! Agora a limpar ben os dentes e a cantar a canción antes ou despois de facelo, ja,ja...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso, iso a cantar sémpre que move o corazón e o entusiasmo,ja,ja. Moitos bicos María!!!

      Eliminar
  4. Unha actividade moi interesante e os nen@s están moi motivados coa Tooth Fairy. Noraboa teacher! Biquiños!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Dolores, os nenos e nenas do CRA con tal de ter o ratiño Pérez para eles sos e que non teña que cruzar mares e océanos...Biquiños!!!

      Eliminar
  5. Agora comenzo a entender porque Lucía quere a todas horas que se lle caian os dentes... ¡¡quere que a visite a Tooth Fairy!! Saúdos

    ResponderEliminar
  6. Está emocionada pero xa lle expliquei que a España so ven o ratiño Pérez porque se reparten o traballo. É unha gozada a inocencia dos nen@s. Biquiños!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...