Mi lista de blogs

Five little ducks


A entrada de hoxe dedica especial atención aos mais pequeniñ@s do CRA (@s de tres aniños ou casi). Na maioría das nosas aulas conviven con compañeir@s de catro e cinco anos, por tanto síntense arroupados por eles no seu proceso de aprendizaxe e actúan e participan nas actividades da aula por imitación. 
No deseño das sesións das clases de inglés temos sempre un ratiño para acompañar aos máis pequeniñ@s no seus primeiros pasos nesta lingua. Contar in English é algo moi motivador, e que mellor xeito de facelo que cunha canción axeitada: Five little ducks.
O noso amigo Monkey acudiu ás escolas con dúas "puppets" (dúas simples manoplas de ducha con motivos de parrulos) de "mummy duck" (mamá pata) e os seus cinco filliños "five little ducks". Con elas contamos cara adiante e atrás.



Anímovos a que cantedes con eles na casa, aquí tedes a letra da canción (que vos axudará a interpretar o inglés dos vosos fill@s) e mais o vídeo.







Enjoy!!! (disfrutade).

2 comentarios:

  1. Gústame moito esta canción, coma todas as que enseñas, Cova. Ademáis coas "puppets" motívanse moito e resulta tan divertido contar... ¡¡Moitas gracias a esta profe tan cantarina!! ¡¡Biquiños, Cova!!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Dolores, as cancións son un gran recurso para aprender e realmente esta gustoulles moito aos nen@s. Tes razón son ben cantarina, así ando ás veces coa voz. Biquiños.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...