Como ben nos di a foto, temos novas de que Papá Noel xa deixou as terras de Laponia para emprender o seu traxecto ata Bergondo e repartir ilusión e agasallos por todo o Concello. Así que, contaxiados do entusiasmo, comezamos a aprender cousiñas sobor do Nadal en inglés ( Christmas).
Como somos uns apaixoad@s dos libros disfrutamos con dous moi especiais: Fancy dress Christmas e How to catch a star.
O primeiro do magnífico ilustrador Nick Sharrat, nos axuda a aprender vocabulario propio destas datas dun xeito moi visual e motivador ( Christmas tree, snowman, Santa/ Father Christmas...).
O segundo, escrito por Oliver Jeffers, é unha historia entrañable dun neno que soña con coller unha estrela para ser o seu amigo e xogar e pasear con ela.
Este precioso conto nos sirve como elemento para presentar á protagonista da panxoliña que non parará de soar estes días nas distintas aulas nas sesións de inglés: Twinkle twinke little star. O vídeo tomado de you tube nos encanta pola tenrura do argumento. Vede como gozamos, non dubidedes en poñerllo na casa aos vosos nen@s cantas veces queiran é un gran xeito de traballar o seu ouvido.
Cova, coma sempre tráesnos uns libros moi fermosos,os nenos e nenas de tódalas escolas están xa espectantes coa chegada do Nadal. ¡¡Unha aperta ben forte!!
ResponderEliminarMoitísimas grazas Dolores!Adoro os contos infantís e os nen@s disfrutan tanto con eles...Xa queda ben pouco para o Nadal e xa se respira o ambiente. 1millón de bicos!!!
ResponderEliminarNon me extraña nadiña que lles guste tanto ese conto novo ademáis das novas que lles vas dando de cara ó Nadal, bicos
ResponderEliminarGraciñas María, todas aportamos o noso graniño de area, porque tamén me cantan os nen@s unhas panxoliñas ben bonitas que aprenderon contigo. Bicos!!!
ResponderEliminarEstes rapaces van sair trilíngues do CRA de Bergondo!!! English, galego, castelán...Teacher...pásano bomba contigo e cos contos divertidos que lles levas!! Thank you pola túa dedicación e esforzo no traballo que fas día a día!!!
ResponderEliminarSaletiña,é facil traballar con ilusión cando temos compañeiras tan traballadoras coma ti con eses nen@s tan motivados. A big kiss and Merry Christmas!
ResponderEliminar