Travelling to New York


Levamos un trimestre moi intenso. A cidade de New York apaixónanos e a organización dunha viaxe aló moito mais.
Xa vos fomos explicando todo canto fomos aprendendo sobre os transportes e a roupa que iamos levar na maleta.
Despois tocou preparar os nosos billetes de avión e os pasaportes, xa que descobrimos que sin eles non podiamos entrar no país.


Con esta actividade practicamos como escribir os nosos nomes, apelidos, data de nacemento, nacionalidade,..
Mirade que felices estamos xa cos nosos "plane tickets" preparados.


Descobrimos cousas moi interesantes sobor dos avións: porta de embarque (boarding gate), asentos (seat),cinto de seguridade (seat belt) ...
E decidimos plasmar nun debuxo os diferentes "transport" que iamos utilizar.


Despedímonos ata a próxima, xa vos contaremos novas da nosa viaxe!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...