Merry Christmas !

 
Con esta panxoliña querémosvos desexar unhas felices festas.

Merry Christmas and Happy New Year !
 



Christmas Books

Con estes contos tan atractivos aprendemos o vocabulario de Nadal en inglés.







Christmas is coming (Chega o Nadal)

Xa se respira ambiente de "Christmas" nas escolas de Bergondo. Cantamos "carols" (panxoliñas), estamos preparando as portadas das nosas carpetas, lemos contos... Ata Cheeky Monkey colocou o seu "Christmas Tree" (Árbore de Nadal).











































Se vos animades a cantar cos vos@s nen@s este Nadal, aquí tedes a canción coa letra. 


Esta é unha das historias que imos contar polo Nadal :




Como xa quedan poucos días e Cheeky xa decorou a súa árbore, estamos empezando as carpetiñas onde irán os nosos traballos de inglés.










New material

No C.R.A. de Bergondo, ainda que o noso presuposto é modesto, @s profes facemos maravillas para sacarlle o mellor partido. Cheeky Monkey e eu andivemos de librerías (que nos encanta) e acudimos emocionados ás escolas cos contos e as pelis novos en inglés para disfrutar nas aulas.





Autumn





  
Cheeky Monkey é moi observador. Gústalle moito ver os traballos d@s nen@s cando vai polas escolas. Chamoulle a atención un poema de debuxos de outono que ideou a profe Dolores. Cheeky pediume que o escribirá eu en inglés e llelo ensinara  aos rapaces e rapazas. Así o fixen e con el repasamos as cores: “brown, yellow, orange and red e mais a estación na que estamos autumn.  








The family


Estes días iniciamos a unidade da familia en inglés. Cheeky Monkey acudiu ás escolas do C.R.A. cos seus irmáns e aproveitamos para practicar “my brother is…”.Vimos unha historia na pantalla dixital na que se presentaban os distintos membros da familia: mummy, daddy, brother and sister. Verbalizamos os da nosa e realizamos traballos nos “books” (libros) algúns moi divertidos xa que levaban pegatinas.



Rain song



Como no outono en Galicia “It´s raining and raining” e moitas veces non podemos xogar no patio no recreo, decidimos buscar unha canción para espantar á choiva e que nos deixase disfrutar tranquilos. Fixemos unha adaptación dunha xa coñecida e mirade que ben nos quedou.

Weather song

Como neste C.R.A. somos moi cantareir@s tamén temos unha canción en inglés para cando chove, adaptada a cada escola. Estes días de outono temos moitas ocasións para facelo.
Ademais aproveitando que Cheeky Monkey foi algo traviesiño e andivo a saltar nos charcos, fixemos esta ficha coa que aprendemos ou repasamos o vocabulario da roupa de choiva: boots, raincoat e umbrella  (botas, chubasqueiro e paraugas).

Mirade o resultado:








Story time (a hora do conto)

Durante as sesións de inglés sempre temos un tempo adicado aos contos que iniciamos coas palabras para captar a atención e crear un clima axeitado:

“One, two, three look at me
One, two, three listen to me
One, two, three sssssssssssh...”

Estes días nas distintas escolas do C.R.A., estamos a disfrutar cun contiño dunha bruxa, que Cheeky Monkey e eu mercamos en Londres pensando en tod@s  vós. Aproveitando a motivación despertada pola celebración de Halloween tamén cuñamos os nosos traballos cun “stamp” moi especial dunha “witch” coa súa “pumpkin”.
Da gusto velos metidiños na historia e que ben colorean ás personaxes do conto.












Canción das presentacións

Esta é a canción que usamos para ver que compañeiros/as están na clase. Mirade o ben que o pasamos :



Canción dos saúdos

Con esta canción aprendemos a saudar :


Cancións das rutinas

Nas clases de inglés traballamos moito de xeito oral e lúdico por medio das cancións. Hoxe traemos unha das que usamos nas rutinas diarias : a dos días da semana . Como podedes ver, encántalles e aprenden dun xeito moi divertido.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...