Estamos aprendendo moitas cousas con este proxecto do mar e nas sesións de inglés aportamos o noso graniño de area, combinándoas coas aventuras de Monkey.
No trimestre pasado achegámonos a comarca británica de Cornwall e coñecimos o faro de Landsend (Fisterra in English). Agora toca investigar a vida do mar. Qué animaliños viven nel? Para iso presentamos o conto dunha escritora que nos encanta, Julia Donaldson Sharing a shell (compartindo cuncha).
Os monicreques están realizados pol@s profes nun obradoiro no que participamos o curso pasado e a caracola foi cedida polos Silvosiñ@s.
É un conto de convivencia no que se valora o papel de cada un e a importancia ata do animal máis insignificante para un equilibrio no hábitat.
Imaxinamos cómo sería a historia e ilustrámola, incluso o propio Monkey colaborou.
Unha das personaxes un "Fish" serviunos para introducir un novo conto no que entre outros animais conta con un peixe dourado (goldfish). Aquí temos aos nenos e nenas de Silvoso presentándonos o libro.
Brown bear, brown bear,What do you see? Escrito por Eric Carle sírvenos para repasar as cores ao tempo que aprendemos nomes de distintos animais en inglés. Escenificámolo, realizamos traballos plásticos e tamén falamos doutros contos coñecidos escritos polo mesmo autor como The very hungry caterpillar (A eiruga larpeira) ou The bad tempered ladybird (A xoaniña rosmona)
E para completar estas sesións tan entretidas sobre os animais mariños non podía faltar unha canción e nesta ocasión a elexida é Slippery Fish.
Mirade que ilustracións fixemos para a canción:
Seguiremos aprendendo cousiñas do mar, ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario