Mi lista de blogs

Back to school (de volta á escola)





Comeza un novo curso e Cheeky Monkey non nos acompañará este ano na nosa aprendizaxe en inglés. Contaremos co seu irmán maior Monkey, co que seguro gozaremos ao tempo que aprendemos. El será o protagonista de moitas das aventuras que viviremos na escola.
Os alum@s que empecen este curso no C.R.A. (@s de tres aniños) non precisan libro de inglés, xa que traballaremos dun xeito mais lúdico ao través de cancions e contos.
Para @s que xa son veteran@s no C.R.A (@s de catro e cinco anos) deberán mercar o libro de Playschool A da editorial Oxford con ISBN:9780194734080 . Ampliaremos as unidades do mesmo con material de elaboración propia en coordinación coas diferentes titoras e dentro dun proxecto común de centro.    


Un saúdo e feliz inicio de curso a tod@s.

8 comentarios:

  1. Feliz inicio de curso a Cova e... benvido Monkey!!!

    ResponderEliminar
  2. Thank you Rosiña, Monkey e eu xa estamos desexando irvos visitar a Silvoso. Seguro que pasaremos bos ratiños. Kisses and see you soon!

    ResponderEliminar
  3. Feliz Curso! no estaba al tanto de este blog, lo seguiré para seguir lo que van aprendiendo. Un abrazo y feliz curso! Ana (mamá de Paco)

    ResponderEliminar
  4. Graciñas Ana, hoxe xa coñeceron na clase do teu fillo aos personaxes do libro de inglés. Podes consultar entradas anteriores e practicar con Paco as cancións que aprendemos. Benvida ao blogue e xa verás os nosos progresos!!!

    ResponderEliminar
  5. Teacher...estamos desexando que veña Monkey outra vez á nosa aula! Queremos aprender "songs" e moitas cousas máis! Thank you and see you o mércores! Jiji Bicos das Bolboretas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O noso amigo Monkey non para de canturrear e hoxe xa me daba as chaves de Carrio para vos ir visitar, non me extraña porque vos gusta tanto o inglés...e tedes tantas ganas de aprender...On wednesday estaremos ahí coas pilas a tope. kisses.

      Eliminar
  6. Hello, Cova!!!
    Aquí os novos Cadrados de Guisamo xa te coñecemos, pero estmos desexando verte xunto aos "monkeys" en acción. Agardamos impacientes a vosa visita de mañá.
    Biquiños dos new CADRADIÑOS!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os nov@s cadradiñ@s sodes unha ricura "so cute" Gozamos un moitísimo Monkey e eu con vos. E que ben se vos da cantar,penso que imos aprender un montón. Kisses.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...