Comenzamos esta semana coa celebración do "Book Day" (día do libro) e que mellor xeito de facelo que coa lectura do conto "The very hungry caterpillar" de Eric Carle que foi a recomendación de Cheeky Monkey para esta data.
Disfrutamos do placer de escoitar esta bonita historia coa que practicamos vocabulario referente a comidas (froitas en especial), aprendemos a nomear aos protagonistas en inglés "caterpillar" (eiruga) e "butterfly" (bolboreta), ao tempo que expresamos a sensación de fame "I´m hungry, I want to eat" (teño fame, quero comer) e adxetivos como "delicious".
Aproveitando ao protagonista "the caterpillar" buscamos mais contos en inglés de eirugas, e Cheeky presentoulles este co que contamos cara adiante e atrás ata dez.
A miña visita a Londres ao final do curso pasado, foi moi fructífera, xa que alí puidenme facer con material moi difícil de conseguir aquí, como puzzles e barallas de cartas do conto de "The very hungry caterpillar" coas que aprendemos ao tempo que xogamos na clase.
Tamén fixemos uso dos encerados dixitais das distintas aulas para traballar a nosa atención e memoria e reforzar o vocabulario.
Por suposto tamén realizamos diferentes fichas sobor da historia e iniciamos a elaboración de posters decorativos con material de refugallo.
Pasamos unha moi boa semana do libro, agora as nosas "spaceships" reclaman despegar en breve.
Que bonitiño é ese conto, agora que xa mo ensinaches, theacher...
ResponderEliminarEstá claro que é una gozada traballar con el e o ben que o fan estes nen@s, así da gusto aprender!!!!
Bicos
Moitas grazas María, o próximo conto chulo que conozamos invitámoste a que o escoites e disfrutes connosco. Biquiños e disfruta da finde.
ResponderEliminarNoraboa teacher pola actividade, moi completa e chea de recursos interesantes e atraintes para @s nen@s, que estaban emocionadísim@s co conto. ¡¡Unha aperta moi grande!!
ResponderEliminarHello teacher!!! Seguindo os teus bos consellos... acabamos de recibir un pedido co noso exemplar de "The very hungry caterpillar" e algunha sorpresiña máis.Xa temos algúns bonitos exemplares na nosa biblioteca particular e esperamos seguir aumentándoa. Bicos e unha vez máis... Thanks a lot!!!
ResponderEliminarHello Marta!!!Sodes unha gozada de familia, Manuel ven sempre supermotivado á escola e con novas ideas que compartir. Alégrome mogollón do da vosa biblioteca particular. Seguro que disfrutades "the whole family". Unha aperta.
ResponderEliminarGraciñas Dolores, o conto é precioso e ten moito material compementario. Tamén é que é un dos meus "favourite" e iso trasmítese.O mérito dalgún dos recursos débocho a ti. Kisses.
ResponderEliminarCheeky e Cova, ¿cómo vos atopades? Aqui vos botamos de menos, pero vide preparados porque temos unha sorpresiña para vos: Unhas fotos do día de hoxe dunha eiruga no xardín da profe. Era taaaan enoooorme que non nos puidemos resistir a fotografiala. Kisses!!!
ResponderEliminarEu ando ainda sen moita voz e iso que Cheeky me coida e tod@s me mandades moi vos consellos e ánimos. Hoxe verei esa "caterpillar" superbig? Que nervios! kisses cadradiñ@s e profe.
ResponderEliminarQue che imos contar nós...ENCÁNTANOS ESTE CONTO!!! Xa se sabe...sendo bolboretas...jaja Bicos e congratulations por todo o que fas cos nenos e pola túa colaboración conmigo, nas actividades conxuntas! É xenial traballar así!!Thank you!
ResponderEliminarGrazas a ti por facer que traballar xuntas sexa tan doado. Bicos e ata mañá.
ResponderEliminar