Na escola de Carrio, na aula das xoaniñas están a facer un proxecto sobor do espacio e nós na clase de inglés recuperamos unha das aventuras de dúas personaxes entrañables da cultura británica Wallace e o seu canciño Gromit, na que deciden visitar a lúa, que visionamos nas pantallas das distintas escolas.
Con estes bonecos de plastilina melloramos a nosa comprensión oral ao tempo que aprendemos a expresar os nosos gustos e disgustos sobor das comidas. Wallace adora o queixo "cheese" e nós verbalizamos "I like cheese" ou "I don´t like cheese".
Manuel, un neno de Carrio, sorprendeunos cunha "spaceship" moi orixinal realizada por el, e penso que podiamos tentar de facela nas aulas a vindeira semán.
Pois eu tamén aprendo ou máis ben algo repaso o meu vocabulario, eh? así que non ten desperdicio este traballo teu, noraboa!!!
ResponderEliminarPois eu non coñezo a Wallace e o seu canciño Gromit, asi que xa me dirás por donde andan, Cova, que quero velos.
ResponderEliminarEntón a vindeira semana veremos a Cheeky montado na súa spaceship? Vai ser do máis divertido...
Unha "teacher-aperta"!!
Alégrome ben que estas entradas do blogue sirvan para repasar o teu inglés María, que ti es moi viaxeira e halo necesitar. Graciña e bicos.
ResponderEliminarBen axiña heiche presentar a Wallace e ao seu canciño Gromit, que de seguro hase levar ben con Roi. O Cheeky anda estes días repasando a conta atrás en inglés para despegar na súa "spaceship", xa terás noticias Dolores. A big hug for you!
ResponderEliminarOla, Cova e Cheeky!! Aquí nos Cadrados temos unha sorpresiña para vós no noso blogue. Estamos desexando que sexa luns para vela convosco.
ResponderEliminarE tamén queremos "huggies" para todos, of course!!
Hello Silvia e cadradiñ@s, Cheeky xa di que non ha poder durmir esta noite dos nervios que ten pola vosa "surprise", preparaeille "milk" quentiño que relaxa un pouco. "A tender hug" para tod@s e vémonos "tomorrow".
ResponderEliminarTeacher!! Estes bonecos son ben divertidos!! Congratulations por traballar tan ben e ter tan boas ideas para facer cos nenos! Aprender English with you...é guai!! Kisses!
ResponderEliminarTraballar contigo si que é guay Saleta...estes bonecos de plastilina son fantásticos incluso para nós. Xa che prestarei algunha peli. Bicos mil.
ResponderEliminarAlégrome de que vos gustase moito o "spaceship" de Manuel.Eu tamén teño gañas de coñecer a "Wallace and Gromit"!!! Bicos
ResponderEliminarBiquiños Marta e grazas por nos prestar a revista. Xa estamos a utilizar a vosa idea en todas as escolas e os nen@s están emocionadísim@s.
ResponderEliminar