Parece mentira pero xa casi rematou o segundo trimestre, así que toca preparar as carpetas para os nosos traballos. Que mellor portada que con "Easter Bunny" (coelliño de pascua) de protagonista. Mans á obra, exercitamos os nosos "fingers" para combinar distintas técnicas. Empezamos con pintura de dedos, pero antes cantamos a canción do dedo índice (versión propia en inglés da que xa coñecemos en galego). Incluimos técnicas de recortado, coloreado, ...practicando o vocabulario correspondente. As fichas recollidas nas carpetas son froito dun camiño de aprendizaxe e esforzo.
" Index finger,Index finger
Where are you?
Here I am
It is nice to meet you
It is nice to meet you
I say good bye
and so do I."
Estes días vinos a tod@s moi ilusionad@s e contentiñ@s cos seus "Easter Bunny". Noraboa polo traballo,teacher. ¡Unha aperta!
ResponderEliminar¡As carpetas estánnos a quedar chulísimas! Moitas grazas pola idea, Cova. E pola pintura de dedos, que sempre nos encanta, claro!! Biquiños dende os cadrados.
ResponderEliminarPero qué chuliñas quedaron esas portadas!!! Sodes moi traballadores e a teacher Cova tamén!! Encántanme os vosos "Easter Bunnies"!! Congratulations a todos!!!
ResponderEliminarGraciñas compañeiras se fostes boas ao mellor vos deixa "Easter bunny" ovos de pascua no voso xardín. Bicos.
ResponderEliminar