Un pouquiño antes do Nadal, tivemos a sorte de contar coa visita no C.R.A. dun ratiño de biblioteca que nos deleitou con preciosas historias e contos. De todas elas, nós na clase de inglés recuperamos a de Riciños de Ouro (Goldilocks and the Three Bears) que contamos esta vez "in English". Aproveitando o material adquirido este curso, vímola nas pantallas das escolas nunha preciosa versión da Ed. Oxford, adaptada para nen@s de infantil. E como tamén é un dos contos favoritos de Cheeky, presentounos o seu xogo interactivo para os EDIs (encerados dixitais interactivos) co que traballamos o vocabulario da historia e entrenamos a nosa atención e memoria ao tempo que nos divertimos.
Tiven a ocasión de ver o conto e... ¡é chulísimo! Gustoume tanto coma a eles. Unha aperta, teacher e outra a Cheeky!!
ResponderEliminarA verdade é que está moi ben adaptado e aos nen@s encantoulle. Kisses from me and Cheeky.
ResponderEliminar