Despois dunha temporadiña viaxando polo espacio, concentrámonos agora nos animais de granxa " farm animals".
Cheeky Monkey levounos a unha "farm" onde os seus animaliños eran algo traviesos. Con el aprendimos os seus nomes en inglés: horse, duck, cow e sheep e a expresar os conceptos de "dirty" (sucio) e "clean" (limpo). Melloramos a nosa comprensión oral escoitando estas aventuras e realizamos fichas sobor da historia. Tamén utilizamos as pantallas dixitais para facer xogos do CD interactivo cos que reforzamos a adquisición do novo vocabulario dun xeito divertido.
Como disfrutamos moito cos contos, eu seleccionei Spot´s noisy tractor, que é unha historia dun canciño (Spot) que visita unha granxa co seu pai e vai coñecendo os distintos animais que alí viven.
Durante o tempo da realización das fichas, adoitamos escoitar cancións da temática que tratamos para que así sigan traballando o seu ouvido nesta lingua e nesta ocasión a elexida foi Old Mc Donald had a farm.
Yuuuuuju! O meu tema favorito! Animals! Ímolo pasar xenial contigo e con Cheeky!
ResponderEliminarThank you Saleta, verás como seguro que aprendemos un pouquiño mais dos "animals" tamén in English. Kisses!!!
ResponderEliminarEu non teño granxa pero teño na casa dúas cadelas e un gatiño aos que seguro que lle encantaría visitar a túa granxa e coñecer a Cheeky.
ResponderEliminarHai que arranxar un encontro. De momento pódense coñecer de xeito virtual. Biquiños Eva.
ResponderEliminarVaia marchiña que tedes ti e mailo Cheeky. ¡Encántanos! Dende Vixoi propoñémosche unha visita, co Cheeky, aos animais da casa de Rosario e outra á casa de Lourdes. seguro que o amigo Cheeky queda abraiado´a carón dos animais (por aquilo de que en vivo e en directo é máis forte o efecto...). Conta con nós.
ResponderEliminarunha apreta.
Alicia.
Coviña: é o 2ºintento.Dicíache que nos encanta a marchiña que tedes ti e mailo Cheeky. Ocúrrésenos levarvos con nós de visita de animais, en directo,ás casas de Rosario e de lourdes. Seguro que o Cheeky alucina. Conta con nós.
ResponderEliminarApretas.
Alicia.
Unhas actividades do máis chulas "teacher", ademáis Cheeky ten que estar moi contentiño con tantos animais. A canción ben pegadiza e os peques encantados con todo o que lles ensinas. ¡¡Unha aperta moi grande!!
ResponderEliminarA verdade é que tod@s o pasamos bomba con esta unidade. Eu sendo de Lugo, encantada entre os animais de granxa e ademais o conto que comprei con Cheeky en Londres foi un éxito. Así da guso traballar. "A big hug" compañeira.
ResponderEliminar