As vacacións de Pascua (Easter) remataron e toca voltar ás aulas e continuar co noso traballo e a rutina diaria. Tod@s chegamos emocionad@s e compartimos as nosas vivencias deses días pasados por auga na maioría dos sitios. Quen disfrutou do lindo foi Monkey que marchou aos cañóns do Sil coa profe Saleta e a súa sobriña Fabiola. Coidaron del fenomenal e incluso tiveron tempo para repasar un pouquiño de "English" xuntos. Thank you very much for everything!!!
Nestes primeiros días retomamos a actividade dándolle algo de ritmo ao CRA cunha "song" ben marchosa: Hokey cokey, coa que traballamos conceptos como dereita e esquerda (right and left), dentro/fora (in/out) e as partes do corpo.
Aquí tedes o vídeo da canción para practicar na casa e pasar un rato divertido.
Que sorte ten este Monkey!! Supoño que viría contando un montón de cousas das súas vacacións, co bonita que é esa zona. Un biquiño!!
ResponderEliminarSempre que vai con algunha profe por ahí pásao de maravilla. A zona é preciosa e sentoulle ben separarse de min por uns días. Bicos a Candela e Guille que tamén o trataron fenomenal e aínda me pregunta por eles.
Eliminar¡Vaia vacacións de Pascuas máis divertidas tivo Monkey! E noraboa pola canción, profe, é moi marchosa. ¡Unha aperta!
ResponderEliminarGraciñas Dolores, Monkey pasouno "very good",teño moita sorte porque as profes levádelo moito a ver mundo cando eu non estou...A canción é supermarchosa e non vexas como lles gusta aos nen@s do CRA, xa che faremos unha actuación. Bicos!
EliminarPasámolo xenial na Ribeira Sacra!! E Monkey portouse tan ben que queremos levalo para a seguinte excursión que fagamos!! Kisses de Fabiola e meus!!
ResponderEliminarMonkey está "crazy" por voltar con vós. Kisses and thank you por coidar tan ben del Fabiola and Saleta!!!
ResponderEliminar