Fruit


Na programación dos contidos das sesións de inglés combino unidades de elaboración propia (incluidas dentro do proxecto do CRA: O mundo enteiro) con outras do texto utilizado polos alumn@s de 4 e 5 anos, ampliadas e adaptadas ás nosas necesidades.
Nesta ocasión os amigos de Monkey merendan na escola e ese día toca froita. Deste xeito aprendemos nomes de "fruit in English: pears, plums, oranges, apples, cherries and bananas".
Vemos a historia nas pantallas das aulas, elaboramos as fichas do libro (@s de 3 anos unha adaptada para eles) e xogamos con tarxetas de froitas a un xogo de parellas de atención e memoria.


Por suposto non podía faltar un tempo para un conto (story time) e que mellor elección que The very hungry caterpillar de Eric Carle. Nesta historia unha eiruga sae do seu ovo con fame e roe cada día diferentes pezas de froita. Ademais este conto nos sirve para practicar expresións como: "I´m hungry. I want to eat!" (teño fame, quero comer).


E como nos encantan as cancións e son un recurso fantástico para aprender, eleximos esta do blogue de dreamenglish. A nós gústanos ben, a ver a vós que vos parece.


4 comentarios:

  1. ¡Unha entrada moi saborosa teacher! O conto da "caterpillar" é precioso e aos nen@s encántalles; e a canción é moi divertida.¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É certo que lle entran a un ganas de comer,...O conto do "caterpillar" é un recurso inagotable, e tes razón a canción é moi divertida. Graciñas Dolores e bicos con sabor a "fruit"!!!

      Eliminar
  2. Un tema moi interesante, teacher! É moi importante que os nenos se conciencien dende pequenos do valor dunha alimentación sá. En galego, castelán, in english...e no que se nos poña por diante, jejejeeee. Un bico!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Rosa, para min a alimentación é algo moi importante e penso que podemos facer moito desde todas as áreas. Creo que no CRA se comen mais "bananas thanks to Monkey" je, je...Cal é a túa "favouite fruit?" Biquiños!!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...