Como xa vos comentamos na entrada anterior, andamos a darlle marcha ao CRA cunha canción que nos encanta e que nos axuda a adquirir e afianzar conceptos como dereita/esquerda (right/left), dentro/fora (in/out) e as partes do corpo (hand, leg,...).
Nós, fixemos a nosa propia versión. Vede con que entusiasmo a interpretan @s alumn@s de Silvoso (temos que seguir insistindo en "right and left" pero imos por bo camiño). Kisses!!!
¡¡Pero que ben vos sae!! E iso que é unha canción longa e hai varios conceptos, nembargantes vese que a tedes moi traballada porque é unha alegría vervos cantala así de ben. ¡¡Felicitacións, teacher!!
ResponderEliminarThank you Dolores!Creo que é a nosa "favourite". Como lles gusta tanto pídenme cantala unha e outa vez. Boa maneira de aprender, non si? Kisses!!!
ResponderEliminarQue beeeeennn... É unha canción superdivertida, igual que os silvosiños e a súa teacher, jajajaaaaa... Aplausos!!
ResponderEliminarGraciñas Rosa!Os Silvosiñ@s teñen unhas profes estupendas e eles son especiais e o ritmo no corpo, por que será? Biquiños!!!
ResponderEliminar