Mi lista de blogs

We love books!!! Encántannos os libros!!!


Mañá martes, 23 de abril, celebramos o día do libro e a nós que nos encantan os "books" decidimos festexalo contando en todas as aulas do CRA un conto moi especial "in English": Monkey Puzzle escrito por Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler.


É a historia dun mono pequeniño que se perde na selva e non atopa á súa nai. Contará coa axuda dunha "butterfly" pero tardarán un pouquiño, xa que "monkey" non lle da unha pista fundamental: a súa "mum" parécese a el. Despois de confundirse con distintos animaliños da "Jungle" (selva) o final é feliz e reúne ao moniño con mummy e daddy. Para facer mais atractivo o relato e practicar o nome dos animais utilizamos pequenas "puppets" ou marionetas.


A autora deste libro é unha escritora magnífica, famosa sobor de todo polo "Gruffalo" e da que xa contaramos algúns dos seus contos como Room on the broom.


Gustounos tanto este conto que decidimos facer nós tamen de ilustradores.


Tod@s @s que teñades oportunidade compartide mañá un libro c@s vos@s fill@s: mercado, prestado na biblioteca ou deses favoritos que tedes nas vosas casas. Para tod@s: Feliz Día do Libro!!! Enjoy stories!!! 

2 comentarios:

  1. ¡¡Feliz Día do Libro, teacher!! É ben certo que nos gustan e moito os libros; e os que nos amosas tí son sempre fermosos e moi motivadores. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  2. Outra aperta moi especial para ti Dolores e grazas polo teu apoio. Bicos!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...