Amazing Japan


Levamos uns diíñas traballando nas aulas do CRA a unidade da familia en inglés e que mellor eixo de motivación que a propia familia do noso amigo Cheeky. Xa coñeciamos  ao seu "brother" Monkey e agora tamén a Baby (the little one/o pequeniño).


Pero ademais, a semana pasada veu do Xapón "Japan" a súa curmá Maiumi.



 Con ela ampliamos os nosos coñecementos sobor deste pais tan fascinante. Ensinounos un libro precioso onde aparece un dos seus cadros favoritos do pintor xaponés Toyohara Chikanobu Woman playing with a kitten  (muller xogando cun gatiño) e propúxonos un reto: deseñar o noso propio kimono para a muller do cadro.






Para iso repasamos informacón sobor dos kimonos e pensamos no deseño do noso propio.


















E mans á obra. Vede que creatividade e colorido lle poñemos!







E o resultado final. Estamos orgullosos/as.



O Nadal está próximo e Maiumi compartiu connosco esta panxoliña que nos encanta "in English" Twinkle Twinkle little star e que nos amosou en xaponés. Non é doado cantala, dásenos mellor o inglés, pero quen sabe...somos capaces de todo.


2 comentarios:

  1. Unha actividade preciosa e moi interesante, donde a creatividade ten un papel fundamental. Os meus saúdos a Maiumi que sei que estar a ter un gran éxito polo CRA adiante. Noraboa polo traballo, teacher ¡encántame! ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Unha aperta Dolores e grazas polas túas palabras. Penso que temos no CRA deseñadores con futuro. Maiumi ten éxito porque lles resulta creíble e porque cren e non nas historias que lles conto paa motivalos, pero lles encantan. Bicos, teño pendiente unha visita a Amazing Japan.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...