Mi lista de blogs

Our spaceships



Tanto nos gustou a aventura de Wallace e Gromit na súa viaxe á lúa, que xenerou a construcción das nosas propias "spaceships" para sentirnos nós tamén un poquiño heroes espaciais. Ata Cheeky Monkey buscou traxe de astronauta e participou connosco seguindo as instrucións facilitadas pola revista que nos trouxo Manuel. 
Cando realizamos unha actividade de "craft in English" (plástica en inglés) conseguimos un doble obxectivo: por unha banda aumentar a motivación e, por outra, reforzar o vocabulario de intrucións, cores e material nesta lingua dun xeito significativo.
Asemade ao facer despegar as nosas naves (blast off) practicamos a conta atrás en inglés, traballo co seu grado de complicación para nen@s de infantil. 
Houbo que pospoñer algún día o lanzamento pola tormenta Berta, pero pese as dificultades as nosas "spaceships" surcan xa o espazo rumbo á lúa. Good luck!(boa sorte!).















14 comentarios:

  1. Qué guai, Cova! Encántame todo o que fas cos nenos!! Estamos desexando que volvas á escola outra vez e ben saniña da gorxa! Kisses!See you tomorrow!

    ResponderEliminar
  2. Thank you Saleta. Creo que me miras con vos ollos. Xa teño un fiíño de voz e mañá vouvos visitar e penso que as "spaceships" tamén queren despegar dende Carrio e levar información de "caterpillars" ao epacio. You are so sweet! Kisses.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ai qué contentiños iban coas suas "spaceships"...jeje Moitas grazas Cova! Tiveches un detallazo traéndoas fóra da túa clase! Kisses!

      Eliminar
  3. A verdade é que foi unha actividade que lles gustou moito aos nenos, iban encantados coas súas spaceships. See you on wednesday, teacher!

    ResponderEliminar
  4. As primeiras "spaceships" do C.R.A. fabricáronse en Silvoso e tamén os silvosiñ@s foron pioneiros en viaxes intergalácticos, pero claro a titora penso que traballou para a NASA en tempos, non si? Thank you, see you tomorrow.

    ResponderEliminar
  5. Vaia "spaceships" máis impresionantes!! Cova tiñas o CRA revolucionado cos despegues das naves, e non é para menos. Eu tiven a gran sorte de estar presente nun deles e foi incrible. Aforráchesme a viaxe a Cabo Cañaveral... Unha aperta moi grande, teacher!!

    ResponderEliminar
  6. Thank you Dolores, foi superemocionante para tod@s. Quen sabe, tal vez un día nos chamen para unha misión espacial. Mentras tanto seguiremos traballando con ilusión no C.R.A. Unha aperta (a big hug).

    ResponderEliminar
  7. Cheeky Monkey e eu farémosche "one" Eva e seguro que tamén disfrutarán con ela os teus sobriños. Bicos.

    ResponderEliminar
  8. Que ben vos quedaron esas naves " spaceships"! eu que as vin funcionar, seguro que algunha ten unha misión especial, un traballo moi chuli,Cova...bicos

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas María, non descarto a posibilidade dunha misión especial e espacial d@s profes, apúntaste? Bicos.

    ResponderEliminar
  10. Tienes un premio esperándote en el Blog Ssissimonea. ´Por tus grandes avances tecnológicos, por lo precioso que está y por hacer este blog por amor al Arte.
    Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  11. Que ilusión Silvia! Nunca na vida pensei que poidera recibir un premio referente a tecnoloxías. Hei seguir esforzándome, unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...