Mi lista de blogs

It´s cold (vai frío)



Por fin chegou o inverno, pero a nós pillounos preparados. Vese que os Reis Magos trouxeron este ano roupa de abrigo para tod@s e tamén á familia Monkey. Deste xeito podemos aprender en inglés dun xeito significativo algunhas prendas de inverno: hat, scarf, jumper, coat and gloves. E como non, disfrutar coas aventuras de Cheeky. 





8 comentarios:

  1. Abriga ben á familia Monkey, non sexa que enfermen e teñan que faltar á escola!! Saúdos dende Silvoso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non é doado atopar roupa de abrigo para monos en Galicia, aínda así facemos o que podemos. Bicos e ata mércores.

      Eliminar
    2. Ui! Temos que amañar ese problemiña da roupa para "monkeys". Poñerémonos mans á obra para buscar sitios onde vendan esas prendas!

      Eliminar
    3. Mantenme informada se atopas algo, eu vouno intentar "on line". Bicos.

      Eliminar
  2. Pero que listiños son os desta family !!! Vinde connosco para Guísamo, que prometemos que ides pasar frío ningún. Biquiños:
    Os Cadrados

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Dis que baixan aínda mais as temperaturas, así que iremos ben abrigadiños. See you on Monday!

      Eliminar
  3. Pódelles mercar un pequeno plumífero novo nas rebaixas, aproveita, teacher!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se hai que sacrificarse e ir con Cheeky ás rebaixas, farei un esforciño...algo caerá para mín tamén.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...