Mi lista de blogs
Christmas is coming (Chega o Nadal)
Xa se respira ambiente de "Christmas" nas escolas de Bergondo. Cantamos "carols" (panxoliñas), estamos preparando as portadas das nosas carpetas, lemos contos... Ata Cheeky Monkey colocou o seu "Christmas Tree" (Árbore de Nadal).
Se vos animades a cantar cos vos@s nen@s este Nadal, aquí tedes a canción coa letra.
Esta é unha das historias que imos contar polo Nadal :
Como xa quedan poucos días e Cheeky xa decorou a súa árbore, estamos empezando as carpetiñas onde irán os nosos traballos de inglés.
New material
No C.R.A. de Bergondo, ainda que o noso presuposto é modesto, @s profes facemos maravillas para sacarlle o mellor partido. Cheeky Monkey e eu andivemos de librerías (que nos encanta) e acudimos emocionados ás escolas cos contos e as pelis novos en inglés para disfrutar nas aulas.
Autumn
Cheeky Monkey é moi observador. Gústalle moito ver os traballos d@s nen@s cando vai polas escolas. Chamoulle a atención un poema de debuxos de outono que ideou a profe Dolores. Cheeky pediume que o escribirá eu en inglés e llelo ensinara aos rapaces e rapazas. Así o fixen e con el repasamos as cores: “brown, yellow, orange and red” e mais a estación na que estamos “autumn”.
The family
Estes días iniciamos a unidade da familia en inglés. Cheeky Monkey acudiu ás escolas do C.R.A. cos seus irmáns e aproveitamos para practicar “my brother is…”.Vimos unha historia na pantalla dixital na que se presentaban os distintos membros da familia: mummy, daddy, brother and sister. Verbalizamos os da nosa e realizamos traballos nos “books” (libros) algúns moi divertidos xa que levaban pegatinas.
Rain song
Como no outono en Galicia “It´s raining and raining” e moitas veces non podemos xogar no patio no recreo, decidimos buscar unha canción para espantar á choiva e que nos deixase disfrutar tranquilos. Fixemos unha adaptación dunha xa coñecida e mirade que ben nos quedou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























