Mi lista de blogs

Learning colours in English (aprendemos as cores)




Nas distintas escolas do C.R.A de Bergondo predominan as aulas mixtas onde conviven no proceso de aprendizaxe nenos e nenas de tres, catro e cinco anos. No deseño das sesións das clases de inglés , e tendo en conta esta particularidade, introducimos cancións, xogos e historias que permitan aos mais pequenos aprender as cores e os números "in English" e tamén reforzar nos maiores o xa adquirido.
Esta semana combinamos nas clases as aventuras de Monkey e os seus amigos, con outra gran amiga: Peppa Pig. Visionamos o capítulo "The rainbow" co que practicamos as cores en inglés. Cada un expresou as súas preferenzas: "What´s your favourite colour?" e tivo oportunidade de saber cal era a elección da familia de Peppa Pig. Podedes acceder a estes capítulos a través deste blogue (Learning English with Peppa Pig) ou ben na páxina de CLAN-Peppa Pig en inglés. Ás veces non está operativa.   
Asemade aquí vos deixamos esta nova canción para aprender "colours" dun xeito divertido. O proceso de aprendizaxe de cada nen@ é diferente e visionar estes vídeos na casa axuda a axilizalo.
Enjoy!


5 comentarios:

  1. ¡Que maneira tan divertida de aprender as cores con esta canción! Vou aproveitar tamén eu a facelo, teacher. ¡¡Unha aperta grande!!

    ResponderEliminar
  2. Se queres quedamos un día para practicar,je,je...pero despois da cicloxénese non sea que nos culpabilicen. É unha canción sinxela e visual. Thank you amiguiña!

    ResponderEliminar
  3. I really like what you guys are up too. Such clever work and coverage!

    Keep up the superb works guys I've included you guys to my blogroll.
    Look at my homepage ; alta white

    ResponderEliminar
  4. Con cancións tan chulis...é divertidísimo aprender as cores!!! Grazas profe Cova!!

    ResponderEliminar
  5. Thank you Saleta, pero non sei se tanta "rain" que temos estes días ten algo que ver con que eu cantei bastante. kisses!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...