Mi lista de blogs

Art project


Como todos os cursos desde o cole de "Cruz do Sar" nos invitan a participar nun proxecto común para traballar nas aulas, e nós sumámonos encantad@s. Tamén desde a área de "English" quixemos colaborar. Este ano o tema elexido é "Art" así que pensei que sería boa idea darlles a coñecer aos nenos@s do C.R.A. a galería de arte moderno mais importante de Reino Unido: a Tate Modern de Londres.


  
Consultamos información en internet e imprimimos algunhas fotografías reprentativas deste museo, así coma cadros dos artistas     elexidos nas aulas e expostos algunha vez na Tate. 





















Na aula das bolboretas de Carrio prestáronnos un libro en inglés precioso: Babar's Gallery. Conta a historia de como no puebliño de Babar reconvirten unha antigua estación de tren nun museo e nos presenta cadros famosos que tratamos de identificar. Cheeky Monkey e eu contámolo en todas as escolas. 






A idea do libro de Babar levounos a confeccionar o noso propio libro de arte en inglés no C.R.A. Neste caso a galería sería a Tate e nas páxinas colocamos cadros dos artistas elexidos polas titoras e traballados nas aulas e que estiveran algunha vez expostos neste museo. Cada grupo se debuxou a si mesmo visitando o museo na sala do seu artista.


























Como non todos os pintores elexidos teñen obras expostas na Tate, confeccionamos un marcapáxinas para o libro: un avión da British airways rumbo a Londres e no que os pasaxeiros foron os nen@s das escolas sen representación no museo.




O resultado final foi un libro precioso elaborado entre tod@s e que nos serviu para aprender algo mais sobre arte e compartir os nosos coñecementos con tod@s @s nen@s do C.R.A



art project on PhotoPeach

10 comentarios:

  1. Teño que felicitarte por unha actividade tan didáctica e tan completa, Cova. Unha maneira estupenda de traballar a arte, ademáis @s nen@s estaban encantad@s co seu libro compartido. ¡¡Biquiños mil, compañeira!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Dolores. Eu mesma disfrutei tamén. As que imos dunha escola a outra servimos de transmisoras e axudamos a compartir experiencias entre tod@s @s nen@s. Quedounos un libro ben chulo. A thousand kisses!

      Eliminar
  2. Aos nenos encántalles este tipo de actividades compartidas cos compis das outras escolas. Unha actividade moi chula, seguro que Cheeky aprendeu moitas cousas con este libro, xa que ademáis viaxaron á Tate artistas galegos.
    Biquiños dende Silvoso!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tod@s disfrutamos moito con esta actividade.O silvosiñ@s participaron entusiasmad@s e recoñeceron nos debuxos a amig@s doutras escolas do CRA. Pode ser que algún dos nosos pequen@s artistas expoña algún día na Tate. Quen sabe...Bicos mil!!!

      Eliminar
  3. Que chulada, teacher!!!! Encántame o teu traballo con esta idea do libro compartido e a visión do Tate Modern, unha sorte poder facelo, noraboa!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que quedou moi curriño o libro e aprendemos cousas ben interesantes os uns dos outros. Moitas grazas María, todas aportamos algo porque @s cativ@s cantaban a canción que lles ensinaches mentras coloreaban. Un bico.

      Eliminar
  4. ¡¡Eu tamén quero montar nese avión da British Airways!! Quedouvos un libro fermosísimo. Noraboa polo traballo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. De boa gana montabamos mañá mesmo no avión, non si? Igual algún día o teu pequeno artista expón na Tate. o libro quedou ben e así todos tiveron unha visión mais global do que se traballaba en todas as aulas e motivoulles un montón. Biquiños e grazas por ser sempre tan positva.

      Eliminar
  5. Noraboa polo fermoso traballo que fixeches! You´re the best English teacher! Kisses Onde e cando hai que coller ese avión? Apúntome!! E creo que as bolboretas de Carrio tamén...jeje

    ResponderEliminar
  6. Thank you Saleta,I´m not the best but I try to be a good and friendly one. O avión vai saír de Bergondo, xa falaremos cos de protección civil. Procurade ter a documentación en regra, ainda que as bolboretiñas non precisan "plane" ou igual si. Bicos!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...