Mi lista de blogs

Incy Wincy Spider



   Good morning girls and Boys, menudo tormentón que nos caeu onte pola tarde. Menos mal que estábamos tod@s na casiña! Moito me acordei eu de Incy Wincy, a nosa simpática spider que quería escalar pola tubería, pero a choiva dificultáballe as cousas. Que nos vos dades conta? Veña xa vos refresco eu a memoria.



   Bueno como vedes o meu non é o mundo da canción, pero "I do my best" jjj. Si queredes unha versión mais profesional aquí tedes a que viamos no cole, onde a chulita de Incy sonríe feliz cando consigue chegar arriba.


   Eu construín o meu propio teatriño con material que tiña na casa: goma eva, papel, limpa pipas, … pero hai mil maneiras de recrear a canción e xogar con Incy. Desde con pintura de dedos ata empregando rolos de papel. Mirade cantas boas ideas, animádesvos?



 
   E se buscades algo mais sinxelo, pois temos para todos os gustos e posibilidades.

   Por suposto hai mil opcións e vós podedes discurrir unha nova e mandarlle ás titoras fotos ou escribirme un comentario no blogue.

   E por si a familia se anima a cantala con vós, déixovos a letra.


   Estade pendientes esta tarde que anuncian que vai estar "stormy" a ver si vedes a Incy Wincy polo balcón ou no xardín. Saíde cando pare de chover eh, que sodes un pouco coma Cheeky e ben sei que vos gusta mollarvos, jjj

   Espero que vos guste a sesión de hoxe. Recordade seguir sendo así de boíños e boíñas. Un bico moi grande e ata mañá! See you tomorrow!

Waking up with Monkey and Cheeky!!!



   Monkey and Cheeky andan toliños por vervos e, como supoño que vós tamén os estaredes a botar en falla hoxe fixemos una sesión fotográfica para que os teñades un pouquiño mais preto.


   A que da subidón velos outra vez! Pois tentaremos mandarvos mais vídeos pese á vergonza da "teacher" para que disfrutedes tamén de nós desde as casas. Sei o difícil que é para as familias compaxinar o teletraballo/confinamento/falta de medios/ ánimos... así que vou tentar colgar actividades motivadoras para que cantedes, bailedes e disfrutedes cos vos@s fillos que nestes momentos é o mais importante. 

   Atopei esta canción supermarchosa de Monkeys para que toda a familia baile e faga "a mona"jjj.



   Se despois do bailoteo precisades un rato de calma, déixovos opción para colorear. Non vos preocupedes se non se poden imprimir. @s cativos/as poden tentar copialas ou facer a súa versión inspirándose nos debuxos. Tamén tedes a opción de tentar facer una "Monkey mask".




   Bueno e agora chegou o momento de perder a vergoña e bailar a ritmo de zumba a canción do momento jjjj. Leva o nome dos nosos Monkeys e eles non paran de ma pedir. A ver eses corpos rumbeiros.



   Podedes poñela cantas veces queirades e veredes como saídes "fit and happy" desta. Moito moito ánimo!

Hickory Dickory Dock



   Good morning nenos e nenas do C.R.A.! Cómo vos foi na Pascua/Easter? Monkey e Cheeky puxéronse finos con tanto "chocolate egg" que comeron. Fixémolos na casa e estaban para chuparse os dedos.
   Pois xa estamos de volta e queda cada vez menos. Como seguro que ainda andades medio "sleepy", pareceume boa idea regresar cunha canción que vos encanta, ainda que sufrades un pouco polo pobriño do "elephant". 



   Qué vos parece se debuxades e coloreades aos animaliños que saen na canción? Logo podedes xogar a colocalos subindo "up" e baixando "down" este reloxo que vos propoño para colorear e recortar. Podedes elexir o que mais vos guste.




   Para os/as maiores do cole e para tod@s @s que queiran e se animen (podedes pedir axuda) , tamén tedes esta actividade moi chula que ademáis de divertirnos pintando, nos sirve para ordenar, repasar os números e os nomes dos animaliños que saen na canción.


   Igual xa temos os "numbers" un pouquiño esquecidos. Non pasa nada, imos darlle caña coa nosa Walrus marchosilla.


   Recordade que despois do "ten" van "eleven" e "twelve".

   E por si ainda quedastes con ganas de seguir xogando e coloreando, aquí tedes tamén un "elephant" que podedes copiar, imprimir ou pedirlle a un irmán que volo debuxe e vós colreádelo.

   Pois xa mais nada por hoxe. Seguide a portarvos "very good" e a disfrutar de papá/mamá/… e de facer cousas en familia. Biquiños!!!

Charlie Chick


   It´s Friday!!! O noso día do conto. Como andamos xa cos preparativos da Pascua, Monkey e eu eleximos este tan chulo dun personaxe que xa coñecedes. Si, si o que vós lle chamades o pitiño Pepe. Realmente o seu nome orixinal é Charlie, Charlie Chick, pero como cando ven a España algún líase, pois nos di que lle podemos chamar Pepe jjjj.

   Recordade decir as palabras de estar atentos/as antes do conto:

   One, two, three look at me
   one, two, three listen to me
   one, two, three shhhhhhhhh

   Story time


   Did you like it? Gustouvos? Pois agora uns conselliños para preparar estes días de vacacións os vosos Easter Eggs (ovos de Pascua). Podédelos agochar pola casa una vez os teñades preparados e ir toda a "family" na súa búsqueda.

   Que non sabedes cómo valeiralos? pois estade ben atentos a este vídeo, onde ademáis nos dan ideas para pintalos. Vós podédelos colorear con rotus ou botarlle purpurinas ao voso gusto.

      
   Tamén hai quen foi tan creativo que usou as pezas de lego para facer Easter Eggs. Animádevos.


   Este domingo non, o seguinte "Sunday" tedes que atopalos. Collede unha cesta ou bolsa que teñades por casa e empezará o diver.Tende moito coidado non vos pase o do Easter Bunny da nosa canción, que lle rachou a súa basket de tanto peso e foi perdendo os ovos,jjj



   Bueno ruliñ@s, pasádeo moi ben estes días, sede moi boíños e boíñas que ben sei que vos estades a portar "Very Good" e aproveitade para ver tantas cousas bonitas que vos puxemos as/o profes. Un feixe de bicos e Happy Easter.

Think happy, be happy!!!



   Estar e sentirnos felices depende de nós. Xa sei que van pasando os días e tedes ganas de ver aos amigos e amigas, de abrazar aos avós e de achucharnos ás/o profes. Non vos preocupedes que cada vez falta menos. Falando dos días que faltan,...digo eu una cousiña, estaredes cantando na casa a nosa superexitosa canción dos días da semana non si?



   

   Está claro que o meu non é o mundo da canción, ata Monkey rise de min, jjjjj. Recordade que os/as inglesas empezan a semana polo domingo que é o día do sol.
   A nosa versión é "amazing", pero buscando buscando atopei a esta morsa (walrus) tan marchosa que non o fai nada mal. Queredes bailar con ela?


  
   Isto si que nos puxo as pilas, jjjjj. Non vos cortedes e facede bailar a toda a familia, que con tanto tempo na casa, senta ben algo de marchuki bailona.

   Casi se me olvidaba, todos os meus amigos están aquí sentadiños e formaliños e quérenvos saudar. Velahí os tedes.



     Decídelles "hello!". Pregúntanme que cómo vos sentides hoxe, e eu xa lles digo que seguro que "happy". Veña que somos moi cantaríns e teatreiros e esta canción de "feelings" non nos cansa nunca. 




   Bueno mociños e mociñas (@s "meus" girls and boys) por se ainda tedes pilas cargadas podedes facer algo de plástica. Debuxar os vosos propios carteliños cos días da semana para a habitación e poñerlles caras de "happy" ou "sleepy" cada día. Aquí tedes modelos e ideas.




   Non hai por qué facer todo no mesmo día eh, jjjj. Eu dou ideas como facer un "memory" e xogar a facer parellas de "feelings" coas tarxetas cara abaixo.


   Espero vos gusten estas actividades. Desde a nosa casa Monkey, Cheeky Monkey, Cookie, Baby Monkey e eu intentamos facervos pasar un rato agradable. Temos moitas entradas chulas estes días e como en nada estaredes de vacacións de Easter pois disfrutade cos contos, cancións e pelis que vos poñemos. 

   A big hug!!!! We love you!

Peter Rabbit cheers us up!!!





      Peter Rabbit anímanos!!!
   Good morning amiguiños e amiguiñas do C.R.A., casi sin darnos conta estamos na metade da semana. Disfrutáchedes con Peppa Pig e @s seus amigos? Pois hoxe quere estar con nós un coelliño moi especial. Si, si estades no certo é Peter Rabbit, tan traviesiño coma Cheeky Monkey ou mais. 

   Algúns de vós xa poidestes ver a peli comigo no cole o curso pasado nas nosas sesións de cine, con "ticket" real e todo jjjj. Téñoa gardada para cando voltemos ás escolas e fagamos unha boa sesión.

   O caso é que non sei si sabedes que o conto no que se basa a peli foi escrito por Beatrix Potter (inglesa) e temos unha bonita historia de Peter Rabbit en debuxos. Querédela ver? Dura un bo rato (25´), así que poñédevos cómodos e a disfrutar! Non vos preocupedes que todo acaba ben. Iso si, Peter leva un castigo por desobedecer á súa mamá, que ben que lle dixera que non entrara na leira de Mister Mc Gregor.



   Despois desta bonita historia e como de seguro tendes ganas de mover un pouquiño o esquelete, velahí vos vai unha "song" de bunnies/coelliños, coa que podedes practicar a contar cara atrás e de paso dar uns chimpos sen mancarse nin romper nada, jjj.


   Verdade que se nos está pasando o día ben rápido? Como sei que moitos/as de vós adorades as fichas e colorear, déixovos tres para elexir. Se non as podedes imprimir ou non tedes folios, podedes xogar a ser artistas coma Beatrix e tratar de debuxalas vós (en calquera folla ou material) e engadir detalles da vosa creación. 

 




" E isto é todo amig@s" coma diría Bugs Bunny.




















Peppa Pig and Easter Bunny



   Cómo estamos hoxe nenos e nenas de Carrio, Guísamo, Lubre, Silvoso e Vixoi? Veña que nesta semaniña témonos que ir preparando xa para a Pascua ( Easter) que ainda que esteamos na casa hai mil xeitos de celebrala. 

   Peppa e @s seus amig@s andan xa emocionad@s e mirade que dispost@s estaban o ano pasado para a "Easter Egg Hunt" (caza de ovos de pascua). Menos mal que a nai de Rebecca lles explica que Easter Bunny é moi tímido e non quere que o vexan. Podedes tratar como no cole de repetir a presentación de Peppa do principio do capítulo e cada un/ha da casa facer unha personaxe.


   Parece que Peppa conseguiu o seu Easter Egg e está super "happy".


   Xa estamos os Monkeys e eu argallando ideas para facer os nosos propios Easter eggs e agochalos pola casa. Vai ser divertido. Mirade cómo decoran estes de galleta unha nena e a súa nai. Ben sei que vos gusta axudar na cociña a papá e a mamá como cando preparades eses deliciosos biscoitos de cumple. Pois para a semana podedes exercer de reposteir@s que unhas cookies caseiras sempre sentan ben.



   Durante estes días non tiredes os rolos de papel hixiénico que nos van servir para facer simpáticos Easter Bunnies. As profes xa vos puxeron nos seus blogues algunhas ideas. Pedídelle a papá, a mamá ou aos vosos irmáns maiores que vos axuden e mans á obra que molan as "crafts" (manualidades).
   Qué vos parecen os que estamos facendo nós na casa. Animádesvos?


   De seguro que vós sodes mais creativos!!!

   Non vos esquezades de recoller os xoguetes, o voso material de traballo e ser boíños. 

   Hoxe rematamos con Peppa e os/as seus amigos desexándovos Happy Easter. Podedes vós tamén preparar un póster debuxando aos/as amigas da clase e mandarllo ás profes para que o compartamos nos blogues. Un biquiño!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...