Mi lista de blogs

The Whole Sea!!!


Este curso todo o claustro de profesores/as do CRA de Bergondo embarcámonos (e nunca mellor dito) nun proxecto común: The whole sea/ O mar enteiro.
Estamos moi ilusionados/as aprendendo e descubrindo cousas do mundo do mar.
Nas clases de inglés empezamos cunha cancionciña como punto de partida e lanzámonos a pescar con cana.




Eleximos un conto no que o protagonista é un peixe moi creativo e inventeiro que acude sempre tarde ás súas clases no fondo do mar. O seu nome é Tiddler e as súas excusas polos seus continuos retrasos fascinan a todos, pero verase envolto en situacións de perigo que se resolven felizmente.





Este precioso conto de Julia Donaldson e ilustrado por Alex Scheffer nos sirve ademais para falar da selección dos tamaños nas capturas de pesca e mais a contaminación do mar.
Como estamos motivadísimos/as coa visita ao noso faro mais emblemático: a Torre de Hércules, aproveitamos para falar doutros "lighthouses" coñecidos de Galicia e iniciar unha viaxe a terras celtas en Reino Unido; a rexión de Cornualles (Cornwall), da que xa vimos unha referencia na Rosa dos Ventos en Coruña.
Buscamos imaxes en internet e apreciamos o parecido desta comarca con Galicia. Falamos da antigua crenza de que a terra era plana e o mundo acababa en Fisterra e descubrimos que en Cornwall hai tamén un Fisterra chamado así Landsend.
Comparamos ambos faros ( Faro de Fisterra e Longship Lighthouse en Cornwall) e realizamos un percorrido imaxinario.

O noso amigo Cheeky axúdanos na visita.






Xa estamos preparados/as para enfilar cara a augas mais frías e achegarnos un chisco ao pais de Father Christmas (Papá Noel) porque xa ule a Nadal.
Kisses and see you soon!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...