Mi lista de blogs

Our first days of school



Xa levamos uns diíñas de curso e empezamos con moita ilusión. Durante as sesións de inglés utilizaremos a Monkey ( un mono de peluche que tan so fala in English) como elemento de motivación e para que nos axude a coñecer a súa lingua e mais aspectos da cultura dos países de fala inglesa (en especial Reino Unido).
Nas distintas sesións procurarei potenciar a capacidade de comprensión e expresión oral dos alumnos/as a través de xogos e cancións.
Durante estes días utilizamos a canción de Five Little Monkeys que nos sirve para contar en inglés cara diante e cara atrás ata cinco. Gozan moitísimo con ela.





Traballamos dun xeito participativo, procurando que disfruten escoitando historias en inglés, sen intentar entender cada palabra. Cada conto ou historia é seleccionado seguindo uns obxectivos e dentro do proxecto común de centro " The Whole Sea" (O mar enteiro). Como reforzo para adquirir novo vocabulario, completamos cada conto cunha canción casi sempre acompañada de movemento corporal. Deste xeito aprendemos dun modo lúdico e motivador. Tamén realizamos fichas, pero sempre como complemento ou reforzo do aprendido.
Cada alumno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e, ás veces tardan mais en falar, pero participan en todas as actividades cos seus compañeiros/as e necesitan mais tempo e seguridade.
Xa vos iremos comentando mais detalliños en novas entradas.


2 comentarios:

  1. Moita sorte neste novo curso! A ver se vos podo facer unha visitiña pronto, que teño moitas gañas de vervos a todos e todos!

    Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Pois nós nin che conto as gañas que temos de que nos acompañes, formas xa parte do CRA. Ata pronto Albiña.
    Bicos!!! Kisses!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...