Mi lista de blogs

Witches




Acércase a noite de Halloween, trátase dunha celebración que lles encanta aos nenos e nenas porque lles permite conectar con ese mundo de fantasía cheo de bruxas, morcegos, esqueletes, cabazas,...mundo ao que en parte lle teñen algo de respeto, pero que lles atrae. É unha maneira de superar os seus medos e facerse maiores.
Nós estes días nas aulas, achegámonos ao marabilloso mundo das "witches" (bruxas) a través do conto Meg and Mog.


Con el practicamos vocabulario como: witch (bruxa), cat (gato), cauldron (pote), broomstick (basoira/escoba), magic potion (poción máxica),...
Presentamos as pesonaxes,visionamos a historia e contamos o conto. Fascínanos!!!




Por si queredes compartir o conto cos vos@s fill@s podedes velo neste vídeo.




Tamén coñecemos outros bonitos contos de witches:

































Con toda esta motivación estamos preparad@s para realizar as fichas do noso "book". Mirade con que ilusión as facemos!



Temos tamén cancións, xogos e moitas mais sorpresiñas reservadas, das que iredes tendo noticias en novas entradas. Halloween is about to come! Eu xa teño preparado o meu disfrace, recoñecédesme?



2 comentarios:

  1. GUauuuu, teacher, a verdade é que todo isto das witches é xenial, non me extraña nadiña que lles guste traballar isto do halloween, bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas María, estamos encantados (nunca mellor dito) e como vivimos en terra de meigas...Bicos!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...