Nas clases de inglés combinamos as unidades do libro de texto con outras de creación propia en coordinación coas titoras e dentro do proxecto do CRA do mundo enteiro. Nesta ocasión en todas as aulas estamos a aprender cousas sobor de África e mais concretamente de Exipto grazas a Madlenka.
Que mellor maneira de empezar, que con esta simpática canción que nos ensinou a profe María, e que nos animou a cantala tamén en inglés. Con ela practicamos a contar cara atrás.
Aquí tedes a letra por se non comprendedes o inglés dos vosos fill@s:
E o vídeo da canción para disfrutar toda a familia.
E o vídeo da canción para disfrutar toda a familia.
Con ela bailamos e cantamos preparando a nosa visita a Cruz do Sar. Nos próximos días colgaremos os vídeos das distintas escolas interpretando esta canción. Estade atentos/as!!!!
¡Unha canción moi bonita e un xeito divertido de contar cara atrás en inglés! Estou desexando ver os vosos vídeos interpretándoa. ¡¡Biquiños!!
ResponderEliminarXa verás como os nen@s do CRA aínda o fan mellor que os propios exipcios. Iso si vai ser arte!Biquiños Dolores!!!
ResponderEliminarProfe Cova, aos Cadradiños nos encantou o vídeo de Sally. Moitas grazas por poñelo.
ResponderEliminarMoitos Bicos e kisses tamén.
Thank you cadradiñ@s ou "little squares" como vos chama Monkey,iremos ao voso cole e cantaremos e bailaremos xuntos, porque sodes uns soletes. Kisses!!!
ResponderEliminarAsí vai dar gusto velos cantando a canción "in english2, como xa a saben de cantala en castelán agora ademáis con outro movemento distinto, bárbaro, isto sí que é enriquecedor, bicos
ResponderEliminarBiquiños a ti María e grazas po presentarnos esta "beautiful sng", así da gusto traballar "toguether"!
ResponderEliminar