Durante estes días pasados estivemos aprendendo mais cousas de Reino Unido. Recibimos a visita duns "teddies" moi especiais que chegaron directamente desde Londres e traían unhas cartas nas que nos explicaban cal era a súa misión nese país: un "royal guardian", un "beefeater", un garda escocés,...
Limos entusiasad@s as súas "letters" (cartas) e descubrimos moitas cousas do seu país.
Realizamos fichas dos "monuments" mais representativos.
Tamén falamos das comidas. Contáronnos que a mais popular é "fish and chips" (peixe rebozado con patacas fritidas) e que hai cadeas e restaurantes que so sirven esta comida.
Por suposto eleximos unha canción "song" axeitada e recurrimos a unha que algúns xa cantaramos o curso pasado: One, two, three, four, five, once I caught a fish alive. (1,2,3,4,5 unha vez pesquei un peixe). Podédela practicar cos vosos fill@s
Reitero os meus agradecementos ás compañeiras por me prestar un material tan motivador.
Noraboa pola actividade teacher, os nenos e nenas están motivadísimos con todas as cousiñas que lles amosaches. ¡¡Unha aperta!!
ResponderEliminar