Mi lista de blogs

Having fun in English (divertímonos en inglés)


Na clase de inglés utilizamos as cancións como un dos recursos máis motivadores e fructíferos á hora de aprender esta nova lingua.
Cal son os motivos do seu uso?
-Desenrolan o ouvido,  que é o primeiro e un dos pasos máis importantes na aprendizaxe dun idioma.
- Con elas os nen@s aprenden a pronuncia e a entonación dun xeito natural.
- Facilitan a aprendizaxe de palabras novas xa que son repetitivas.
- Son divertidas e contan coa aceptación dos alumn@s. Gozan co ritmo e permítelles un tempo de expansión e de actividade física, moi necesaria.
- Os nen@s de diferentes idades poden sumarse e disfrutar, o que lles axuda a sentirse con máis confianza e seguridade.
- Se a un nen@ lle gusta unha canción, cantaraa unha e outra vez e non so dentro da aula.
Por todos estes motivos as cancións “songs” xogan un papel moi importante dentro da clase de inglés. Xa vos fomos amosando algunhas das nosas favoritas e hoxe, queremos que escoitedes “Round and round” unha adaptación dunha canción tradicional británica, que empregamos fundamentalmente como xogo de roda (á vez que aprendemos) e que nestes días de frío axúdanos a entrar en calor.






6 comentarios:

  1. Pois que ben cantades,eh???
    Noraboa e biquiños para tod@s e a teacher...

    ResponderEliminar
  2. Graciñas María, nótase que temos unha boa profe de música no C.R.A. Bicos, e a abrigarse este finde que se prevee fresquiño.

    ResponderEliminar
  3. Que ben o facedes!! E a coreografía quedouvos xenial!! Unha chea de biquiños!!

    ResponderEliminar
  4. Graciñas, pasámolo xenial, aprendemos e tamén liberamos enerxía. O único malo é que a teacher queda sen voz de cando en vez.

    ResponderEliminar
  5. MOI BEEEEN!!! Teacher...esas cancións que lles ensinas aos nenos son ben divertidas!! Noraboa, porque os nenos te adoran!! Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que ti mírasme con bos ollos. O que si é certo e que disfruto co meu traballo e da gusto ter xente con entusiasmo coma ti. Kisses.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...