Comeza un novo curso con Cheeky Monkey !

Como todos sabedes, durante o último trimestre eu marchei a Londres a perfeccionar a miña competencia lingüística en inglés, pero non fun soa...acompañoume Cheeky Monkey, que está desexoso de contarlle a todos os nenos e nenas as súas vivencias aló.Velahí van algunhas fotos que nos fixemos nos lugares máis típicos.




No Big Ben




   Na cabina de teléfono 
   vermella



Xunto ao típico bus londinense



 

                       Trafalgar Square




Cun soldado de 
Buckingham Palace


 










e tomando o té !!

















Acabáronse as vacacións e toca voltar ás aulas. Xúntanse as poucas ganas de madrugar coa ilusión e os nervios de ver outra vez aos amigos e coñecer a novos compañeiros.
Quen estaba realmente emocionado por empezar o cole (xa que era a súa primeira vez) foi "Cheeky Monkey".
Todos coñeciamos xa ao seu irmán "Monkey" que o acompañou os primeiros días a todas as escolas para presentarlle aos que xa eran os seus amigos e aos que guiou na aprendizaxe da súa lingua : o inglés. 
Entre os dous cantaron a canción dos saúdos "Good morning"








E aquí temos máis imaxes destes primeiros días de escola :




4 comentarios:

  1. Bueno, bueno, vese que Cheeky Monkey pasouno de marabilla!! E ademáis visitou moitos sitios. A ver si ao longo do curso nos vai contando as súas aventuras!

    ResponderEliminar
  2. ¡¡qué ben o debíchedes pasar!! ¡cómo molan esos autobuses de dous pisos e os homes que parecen soldadiños de chumbo! Un abrazo e benvidos "Cheeky Monkey" e Cova...

    ResponderEliminar
  3. Ola profe Cova! As fotos de Cheeky en Londres son moi simpáticas! Pero a que máis me gusta é a que sale coas ovellas!Faría un montón de amiguiños e amiguiñas inglesas...que sorte! Agora estamos moi contentos porque xa volveu contigo e así podemos estar con vos nas nosas clases! Bye, bye!

    ResponderEliminar
  4. Pasamolo moi ben en Londres Cheeky e eu, pero o mellor de todo son as enerxías coas que voltamos e as ganas de compartir as nosas experiencias con todos vos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...