Mi lista de blogs

Merry Christmas!


Os últimos días de escola do 2013 andivemos moi atarefados preparando as portadas das nosas carpetas de "English Work". Nelas recollemos fichas sobor das cancións e traballo da aula e unha carta para as familias na que vos explicamos canto fixemos.




E este é o resultado final. Estamos moi orgullosos/as.



E que mellor xeito de felicitarvos as festas que con esta panxoliña interpretada polos nenos/as de Silvoso.



Merry Christmas a todos/as!!!!!!


Getting ready for Christmas




Christmas xa está ahí e levamos xa uns días preparándonos con ilusión para recibilo. Como o frío chegou sin avisar o ambientiño de Nadal era máis palpable. O noso cambio na vestimenta serviunos para practicar o nome dalgunhas prendas en inglés: hat, scarf, gloves e coat e expresións como "It´s cold". Vede como ata Cheeky quere probar a sensación de sentirse quentiño.


Os maiores de cada escola, recordáronlles aos máis pequenos as súas panxoliñas favoritas "in English" e estas resultaron ser Twinkle Twinkle Little Star e Jingle Bells. Podedes poñerllas cantas veces queirades. Non se cansarán de as escoitar.






E como non, a nosa amiga Peppa Pig axudounos a coñecer algúns dos elementos máis salientables do Nadal en inglés: Father Christmas, Christmas Tree, letter, present,...É unha moi boa maneira de practicar a comprensión oral noutra lingua e este capítulo fascínalles.



Os nenos e as nenas da escola de Lubre puxeron unha árbore "amazing" a que lle cantamos esta panxoliña tan apropiada: O Christmas Tree ( oh árbore de Nadal). Non nos sae nada mal, polo menos poñémoslle ganas. Graciñas a Alba por nos gravar, un bico!



Temos máis traballo e sorpresiñas para que disfrutedes de Christmas. Estade atentos/as!

Amazing Japan


Levamos uns diíñas traballando nas aulas do CRA a unidade da familia en inglés e que mellor eixo de motivación que a propia familia do noso amigo Cheeky. Xa coñeciamos  ao seu "brother" Monkey e agora tamén a Baby (the little one/o pequeniño).


Pero ademais, a semana pasada veu do Xapón "Japan" a súa curmá Maiumi.



 Con ela ampliamos os nosos coñecementos sobor deste pais tan fascinante. Ensinounos un libro precioso onde aparece un dos seus cadros favoritos do pintor xaponés Toyohara Chikanobu Woman playing with a kitten  (muller xogando cun gatiño) e propúxonos un reto: deseñar o noso propio kimono para a muller do cadro.






Para iso repasamos informacón sobor dos kimonos e pensamos no deseño do noso propio.


















E mans á obra. Vede que creatividade e colorido lle poñemos!







E o resultado final. Estamos orgullosos/as.



O Nadal está próximo e Maiumi compartiu connosco esta panxoliña que nos encanta "in English" Twinkle Twinkle little star e que nos amosou en xaponés. Non é doado cantala, dásenos mellor o inglés, pero quen sabe...somos capaces de todo.


More Halloween activities


A festividade de Halloween é un tema que lles apasiona e unha fonte inagotable de recursos e motivación. Cos maiores, por exemplo, xogamos ao aforcado co vocabulario típico desta data (witch, ghost, bat, ...) e practicamos así as letras e traballamos a construcción das palabras.



Tamén nos debuxamos cos nosos disfraces de Halloween.




Cos mais pequenos exercitamos técnicas plásticas como o picado e o pegado, ao tempo que aprendemos vocabulario en inglés.


E ademais visionamos historias de "witches" nos nosos encerados dixitais.



See you soon!

Halloween songs


O Halloween quedou atrás e xa nos estamos preparando para Christmas como quen di (ainda hai que agardar un pouquiño). Pero non queriamos deixar pasar a ocasión sin que disfrutarades das nosas cancións sobor de cabazas (pumpkins), esqueletes (skeletons), pantasmas (ghost) e bruxas (witches).
Mirade que medo nos dan os/as maiores de Guísamo cunha particular versión de Halloween is coming (xa ven o Samaín).




Por si queredes aprender este arrepiante tema velaí tedes a letra.



E tamén recordamos outros favoritos que xa aprenderamos o curso pasado de pumpkins...




e skeletons



Ata o próximo Halloween!

Witches




Acércase a noite de Halloween, trátase dunha celebración que lles encanta aos nenos e nenas porque lles permite conectar con ese mundo de fantasía cheo de bruxas, morcegos, esqueletes, cabazas,...mundo ao que en parte lle teñen algo de respeto, pero que lles atrae. É unha maneira de superar os seus medos e facerse maiores.
Nós estes días nas aulas, achegámonos ao marabilloso mundo das "witches" (bruxas) a través do conto Meg and Mog.


Con el practicamos vocabulario como: witch (bruxa), cat (gato), cauldron (pote), broomstick (basoira/escoba), magic potion (poción máxica),...
Presentamos as pesonaxes,visionamos a historia e contamos o conto. Fascínanos!!!




Por si queredes compartir o conto cos vos@s fill@s podedes velo neste vídeo.




Tamén coñecemos outros bonitos contos de witches:

































Con toda esta motivación estamos preparad@s para realizar as fichas do noso "book". Mirade con que ilusión as facemos!



Temos tamén cancións, xogos e moitas mais sorpresiñas reservadas, das que iredes tendo noticias en novas entradas. Halloween is about to come! Eu xa teño preparado o meu disfrace, recoñecédesme?



Getting motivated (motivándonos)



Conseguir a motivación dos nenos e nenas é algo fundamental de cara ao interés e a aprendizaxe. Na área de inglés en infantil traballamos con dúas mascotas de peluche (Monkey e Cheeky Monkey) que resultan moi atractivas para os/as alumn@s  e fan que se interesen polas súas historias.
Eles saben que tan so lles poden falar en inglés porque veñen de United Kingdom e durante estes primeiros días lles saudamos (hello!, bye, see you!, good morning!) e  tamén dicimos quen está ou non no cole (is here today).
Os nosos amigos Monkey e Cheeky trouxéronnos un "Book" moi especial onde puidemos ver as letras dos nosos "names" e a M de Monkey (que se escribe "up, down, up, down) e gozamos coloreando a fichiña.
Esta actividade está diseñada especialmente para os/as máis pequen@s do cole e así se familiaricen cos novos amigos.



E si queredes ver que traviesiño é monkey, seguídeo neste vídeo onde aprendemos moitas cousas "in English". Non vos cansedes de poñelo!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...