Acércase a noite de Halloween, trátase dunha celebración que lles encanta aos nenos e nenas porque lles permite conectar con ese mundo de fantasía cheo de bruxas, morcegos, esqueletes, cabazas,...mundo ao que en parte lle teñen algo de respeto, pero que lles atrae. É unha maneira de superar os seus medos e facerse maiores.
Nós estes días nas aulas, achegámonos ao marabilloso mundo das "witches" (bruxas) a través do conto Meg and Mog.
Con el practicamos vocabulario como: witch (bruxa), cat (gato), cauldron (pote), broomstick (basoira/escoba), magic potion (poción máxica),...
Presentamos as pesonaxes,visionamos a historia e contamos o conto. Fascínanos!!!
Por si queredes compartir o conto cos vos@s fill@s podedes velo neste vídeo.
Tamén coñecemos outros bonitos contos de witches:
Con toda esta motivación estamos preparad@s para realizar as fichas do noso "book". Mirade con que ilusión as facemos!
GUauuuu, teacher, a verdade é que todo isto das witches é xenial, non me extraña nadiña que lles guste traballar isto do halloween, bicos
ResponderEliminarGraciñas María, estamos encantados (nunca mellor dito) e como vivimos en terra de meigas...Bicos!
Eliminar