Conseguir a motivación dos nenos e nenas é algo fundamental de cara ao interés e a aprendizaxe. Na área de inglés en infantil traballamos con dúas mascotas de peluche (Monkey e Cheeky Monkey) que resultan moi atractivas para os/as alumn@s e fan que se interesen polas súas historias.
Eles saben que tan so lles poden falar en inglés porque veñen de United Kingdom e durante estes primeiros días lles saudamos (hello!, bye, see you!, good morning!) e tamén dicimos quen está ou non no cole (is here today).
Os nosos amigos Monkey e Cheeky trouxéronnos un "Book" moi especial onde puidemos ver as letras dos nosos "names" e a M de Monkey (que se escribe "up, down, up, down) e gozamos coloreando a fichiña.
Esta actividade está diseñada especialmente para os/as máis pequen@s do cole e así se familiaricen cos novos amigos.
E si queredes ver que traviesiño é monkey, seguídeo neste vídeo onde aprendemos moitas cousas "in English". Non vos cansedes de poñelo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario