Neste día que semella un pouco gris, ímoslle dar un toque de cor para alegrar o noso ánimo. Ao fin e ao cabo estamos en Spring (primavera) e é a estación da cor. Seguramente veríades estes días na tele moitos balcóns adornados con debuxos de nenos e nenas coma vós. Igual moitos/as tamén os fixestes. Arcos da vella (rainbows) coma este da canción.
Qué vos parece se recordamos a cancionciña para quentar motores?
Anima verdade? Pois os/as que non o fixerades ainda, qué vos parece se debuxamos o noso propio rainbow para colgar no balcón ou colocar na neveira e recordarnos a tod@s que todo vai saír ben /everything is gonna be alright.
Pois xa que lle collemos gusto a isto de cantar, imos pensar cada un na nosa "favourite colour" e ver si coincide coas das "puppets" desta animada canción.
Preguntádelle tamén aos /as da vosa familia cal é a súa cor favorita /what´s your favourite colour?
Fostes moi aplicadiños/as así que merecedes un conto de cores de premio. Brown bear Brown bear what do you see? (oso pardo qué ves?) escrito por Eric Carle
Xa estamos moito mais animados e animadas a qué si? Ata mañá amiguiñ@s. See you!
COVA AI LOF YU
ResponderEliminarI love you too, my sweet Galilea!!! A big hug from me and Monkey!
ResponderEliminar