Xa levamos uns diíñas de curso e empezamos con moita ilusión. Durante as sesións de inglés utilizaremos a Monkey ( un mono de peluche que tan so fala in English) como elemento de motivación e para que nos axude a coñecer a súa lingua e mais aspectos da cultura dos países de fala inglesa (en especial Reino Unido).
Nas distintas sesións procurarei potenciar a capacidade de comprensión e expresión oral dos alumnos/as a través de xogos e cancións.
Durante estes días utilizamos a canción de Five Little Monkeys que nos sirve para contar en inglés cara diante e cara atrás ata cinco. Gozan moitísimo con ela.
Traballamos dun xeito participativo, procurando que disfruten escoitando historias en inglés, sen intentar entender cada palabra. Cada conto ou historia é seleccionado seguindo uns obxectivos e dentro do proxecto común de centro " The Whole Sea" (O mar enteiro). Como reforzo para adquirir novo vocabulario, completamos cada conto cunha canción casi sempre acompañada de movemento corporal. Deste xeito aprendemos dun modo lúdico e motivador. Tamén realizamos fichas, pero sempre como complemento ou reforzo do aprendido.
Cada alumno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e, ás veces tardan mais en falar, pero participan en todas as actividades cos seus compañeiros/as e necesitan mais tempo e seguridade.
Xa vos iremos comentando mais detalliños en novas entradas.
Cada alumno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e, ás veces tardan mais en falar, pero participan en todas as actividades cos seus compañeiros/as e necesitan mais tempo e seguridade.
Xa vos iremos comentando mais detalliños en novas entradas.
Moita sorte neste novo curso! A ver se vos podo facer unha visitiña pronto, que teño moitas gañas de vervos a todos e todos!
ResponderEliminarBiquiños!
Pois nós nin che conto as gañas que temos de que nos acompañes, formas xa parte do CRA. Ata pronto Albiña.
ResponderEliminarBicos!!! Kisses!!!