Que nos conten historias é algo que nos gusta a todos/as grandes e nenos/as. O pasado 23 de abril celebramos o día do libro e que mellor maneira de facelo que contando un conto.
Eleximos un de animais: Dear Zoo ( querido zoo) de Rod Campbell. Narra a historia dun neno que quere unha mascota e escrebe ao zoo para que lle manden unha, pero parece que ningunha resulta moi axeitada.
A estructura do libro é sinxela e moi repetitiva e con ela os alumnos/as aprenden os nomes dos animais e adxectivos: elephant/big, giraffe/tall, lion/fierce, camel/grumpy, snake/scary, frog/jumpy, monkey/naughty e dog/perfect.
Temos unhas palabras máxicas para conseguir atención e concentración no conto:
One, two, three look at me
One, two, three listen to me
One, two, three sssssssssh!
Asemade visionamos nos EDIs a historia musicada que nos encantou e serviu para afianzar o vocabulario en inglés.
E fixemos un debuxo da historia elexindo a nosa popia mascota (pet).
Pasámolo moi ben. Se queredes escoitar o conto musicado tédelo a continuación.
Apaixóannos os libros!!! We love books!!!
Nice hat!!!
ResponderEliminarThanks Maryem, Its a magic hat for story telling!!!
Eliminar