Mi lista de blogs

I like fruit!

 

 
 

    


    No cole temos un anaquiño de tempo a media mañá para repoñer folgos coa nosa merenda. A froita é algo que non debe faltar na nosa dieta. Botámoslle un repaso a cómo expresar as nosas preferencias con  esta canción de Dream English.

 


    Quen non paraba de rillar na froita era a nosa querida eiruga larpeira "The very Hungry Caterpillar". Déixovos esta versión animada do conto de Eric Carle para que disfrutedes un anaquiño.

 


 

   Deixámonos levar polos artistas que levamos dentro e ilustramos a portada do conto estampando pintura con pompóns e superpoñendo a "caterpillar" e o título.

 


    E por aclamación popular rematamos esta entrada adicada á froita cunha canción algo disparatada que nos encanta. Mirade qué combinacións mais curiosas de comidas.

 


 

Shark in the Park


    Empezamos o mes de febreiro cun conto dun autor que nos apaixoa, Nick Sharrat e a súa divertida historia dun neno ao que lle regalan un telescopio e decide ir co seu pai probalo no parque. A súa tremenda imaxinación fai que vexa "sharks" por todas partes, pero as apariencias ás veces son enganosas.

   Disfrutamos moito con el no cole. Para tod@s  aqueles/as que non poidestes estar na aula, deixovos un vídeo narrado por unha rapaza que o fai mellor ca min jjjj.

 


  

   Se queredes podedes colorear esta ficha que eu debuxei, engadindo detalles do fondo mariño. 



 

   E se vos sentides con ganas de "craft activities" nós elaboramos estas diademas de "shark" terroríficas:

 


 

   Para despedir esta entrada de blogue adicada aos "sharks" recupero un anaquiño do bonito conto de Julia Donaldson " The Snail and the Whale" no que ambos sufrían os ataques de "sharks" nas profundidades mariñas.

 


 

 

It´s winter

 

  

   E nos últimos días  das vacacións de Nadal, chegou a neve a Galicia. Moitos de vós tivestes a sorte de disfrutar dunha xornada de "snow" e trineo coa familia. Logo voltamos ansiosos/as ás escolas, desexando contar cal foron os agasallos que Father Christmas, os Reis Magos e o Apalpador nos deixaran nas casas. As aulas estaban frías e os patios tamén. Chegara o inverno "winter" casi sen darnos conta. Precisamos vir moi abrigadiños, equipados con "hat, gloves, scarf, jacket/coat and boots", non nos pase coma ao despistadiño do rapaz desta canción.

 


  Non vos cansedes de poñela e veredes que axiña aprendedes as prendas imprescindibles para pasar o inverno mais quentiños.

   Qué vos parece se as coloreamos ao noso gusto nesta ficha?

 


 

   E para que vexades que a nosa amiga Peppa tamén se toma moi en serio o de abrigarse cando vai xogar coa neve, aquí vos deixo este capítulo titulado "Snow" para ir fecendo ouvido ao tempo que nos divertimos.

 


 

   Ata a próxima amiguiñ@s!

 

Time to say goodbye



   Hello girls and boys! Hoxe é un día "sweet and sour" (agridoce). Por unha banda é alegre porque colledes as vacacións, pero por outra triste porque é día de despedidas. Son moitísimas as cousas e momentos dos que disfrutamos xunt@s no cole e tamén neste tempo de confinamento, grazas aos vídeos que nos mandabades e os que compartíamos as/o profes.

   Hoxe toca decir "bye bye" para os e as maiores que se van, pero un "see you soon" para tod@s, porque medianos e menos maiores verémonos á volta das vacacións "at school" e aos maiores estarán sempre nos nosos corazóns.

   Por iso a profe Eva liounos a tod@s para facervos este vídeo de despedida:



   Con todo o noso cariño!!! We love you! Mirade de qué xeito volo din os Monkeys, jjjj deulles vergoña falar.



   Das cousas mais bonitas do noso traballo é poder compartir con vós anaquiños das vosas vidas. Grazas por ser tan estupendos e estupendas e grazas ás vosas familias porque sin elas todo isto non sería posible. Un feixe de apertas e bicos, que ogallá nos podamos dar en nada. A big hug! E disfrutade das merecidas vacacións!






Holidays are coming!



   Good morning children! Today is Thursday and tomorrow Friday, that means that you´ll be on holiday!!!!! Yeah. Hoxe é xoves, mañá venres e iso significa que teredes as vacacións!!! Holidays are coming como canta Peppa superhappy nesta pagadiza canción.



   Os Monkeys e eu temos que agardar ainda uns diíñas pero xa imos ir preparando a maleta "suitcase". Como a Praia é o noso primeiro destino meteremos...mellor o vedes no vídeo, jjjj





   Penso que non se nos esquece nada. Ilusión e ganas temos para dar e repartir. Peppa tamén ía toda emocionada "excited" coa súa familia. O pobre de "Daddy Pig" moita paciencia ten, jjjj.





   Outros que van gozar do lindo tamén, son os/a nos@s amig@s da Paw Patrol, ainda que eles sempre teñen que andar atent@s por se teñen que rescatar a alguén.




Queredes facer a vosa propia "suitcase" con material de refugallo? A min gustoume moito esta idea. A ver qué vos parece a vós.





   Bueno rapaciños e rapaciñas, mañá será o noso último día deste curso tan raro. A ver se argallamos os Monkeys e eu algo especial. Un millón de bicos virtuais! Ata mañá!

Dreaming with Ringo Starr



   Hello children! Este curso tan extrano está tocando ao seu fin e eu quería casi despedirme cun libro moi especial. Sabedes que adoro as historias, porque nos permiten soñar e vivir aventuras que non podemos na vida real. A historia de hoxe, está basada nunha canción dun dos grupos de música mais famosos: os Beatles escrita  por Ringo Starr (un dos seus membros). Aquí tedes unha foto do grupo:



   O libro titúlase Octopus´s garden (O xardín do polbo) e as ilustracións son de Ben Cort. No cole falamos sempre dos ilustradores e as ilustradoras porque son unha parte moi importante dos contos.

   Queredes que volo presente? A edición en España é bilingüe (español e inglés), que é a que temos Monkey e eu na casa.


   A canción di así: "I´d like to be under the sea, in an octopus´s garden …" Encantaríame estar baixo a auga do mar, no xardín dun polbo… A vós gustaríavos ser coma o protagonista da historia? A min si, pero por un anaco , jjjj

   O libro e a canción son tan famosas que temos ata trailer:


   É pegadiza verdade? Podédela poñer como música de fondo, mentras facedes as vosas propias ilustracións do libro. Para os/as menos atrevid@s déixovos tamén unha ficha para colorear e engadir detalles coa vosa imaxinación.


   Se estades animados podedes crear as personaxes do mar e debuxarvos vós "diving" buceando. Sei que a estas alturas estades xa moi cansos/as e con gañas de vacacións, así que non vos vou insistir en que fagades cousas ainda que sexan divertidas; xa retomaremos despois das "holidays" con forzas a tope.

   Un biquiño moi grande "girls and boys" espero teñades disfrutado un día mais. Ata mañá! 

Going to the mountains


   Good morning children! Today is Tuesday and It´s still cloudy, sniff. O mal tempo non nos ten que desanimar, nun día anubado hai mil cousas que podemos facer: disfrutar dun bo libro, axudar a facer unha torta, soñar aventuras,...e falando de aventuras, onte empezamos a pensar nas vacacións e falamos da praia "beach" como posible destino. Pois estou pensando eu, que outro bo lugar para pasar uns días, serían as montañas "mountains".

   Esta foto é dos Ancares, unhas montañas preciosas que son parque natural e que temos moi preto. Eu estiven alí o sábado cos/as amig@s, pero non levei aos Monkeys porque tiñan un cumple. 



En todo o percorrido non atopamos a ningunha persoa, pero si  animais que estaban tranquiliños no seu medio: vacas  "cows", cabalos "horses", paxaros "birds" e ata un touro "bull" que non parecía moi "happy" por vernos. Pasamos con coidadiño e respetando a paz da natureza. Mirade qué cara de poucos amigos.



   Cando nós imos ás montañas temos que ser moi respetuosos cos animais que alí viven, porque é a súa casa. Nós estamos de visita.



   Verdade que vos animaríades a uns diíñas de aventura polas "mountains"? Ímonos meter en ambiente con esta canción titulada "I love the mountains" Amo as montañas.




   Qué animais atopades polas montañas cando ides de excursión coa familia? A ver si son algún dos que saen nesta pegadiza canción.



   Probade a poñela outra vez e decilos in English, a ver cantos sodes capaces de recordar.

   E agora toca un momento "sweet" (doce) se vos animades. Apetécevos facer cookies con forma de montañas? Premede no enlace para ver a receita e non esquezades chupar os vosos "fingers" ao rematar.


   E xa para rematar déixovos cun conto precioso, que forma parte das lendas dos paises do leste. Titúlase kolobok que é un postre moi especial en Rusia (como para os ingleses/as o "gingerbread man"). Na historia Kolobok alónxase da casa sen permiso, os animaliños das montañas quéreno comer, pero el canta unha canción para librarse, ata que un astuto "fox"... Non volo perdades!!!




   É asegunda vez que sacamos en conclusión que marchar sen permiso trae problemas. Así que xa sabedes amiguiños e amiguiñas a portarse ben e non despistarse dos maiores que coidan de nós. Un biquiño a ata mañá.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...