Mi lista de blogs

Easter Bunny

Xa non queda nada para a Pascua (Easter) e andamos emocionadas/as ante a visita de Easter Bunny e os seus deliciosos ovos de Chocolate (Easter eggs). As/os maiores do CRA recordamos unha canción do coelliño de Pascua que nos encanta e dámoslla a coñecer aos mais peques.




Coloreamos e diseñamos os nosos propios Easter Eggs e divertímonos contando Bunnies con esta outra canción.



Empeza a conta atrás. Happy Easter!




Under the sea


Estamos aprendendo moitas cousas con este proxecto do mar e nas sesións de inglés aportamos o noso graniño de area, combinándoas coas aventuras de Monkey.
No trimestre pasado achegámonos a comarca británica de Cornwall e coñecimos o faro de Landsend (Fisterra in English). Agora toca investigar a vida do mar. Qué animaliños viven nel? Para iso presentamos o conto dunha escritora que nos encanta, Julia Donaldson Sharing a shell (compartindo cuncha).


Os monicreques están realizados pol@s profes nun obradoiro no que participamos o curso pasado e a caracola foi cedida polos Silvosiñ@s.
É un conto de convivencia no que se valora o papel de cada un e a importancia ata do animal máis insignificante para un equilibrio no hábitat.
Imaxinamos cómo sería a historia e ilustrámola, incluso o propio Monkey colaborou.


Unha das personaxes un "Fish" serviunos para introducir un novo conto no que entre outros animais conta con un peixe dourado (goldfish). Aquí temos aos nenos e nenas de Silvoso presentándonos o libro. 


Brown bear, brown bear,What do you see? Escrito por Eric Carle  sírvenos para repasar as cores ao tempo que aprendemos nomes de distintos animais en inglés. Escenificámolo, realizamos traballos plásticos e tamén falamos doutros contos coñecidos escritos polo mesmo autor como The very hungry caterpillar (A eiruga larpeira) ou The bad tempered ladybird (A xoaniña rosmona)



E para completar estas sesións tan entretidas sobre os animais mariños non podía faltar unha canción e nesta ocasión a elexida é Slippery Fish.







Mirade que ilustracións fixemos para a canción:


Seguiremos aprendendo cousiñas do mar, ata a próxima!

Peace and friendship


Hoxe celebramos o día da paz e, desde a escola queremos aportar o noso graniño de area concienciando a nenos e nenas de como construila. Nas aulas falamos de cousas que están ben e cousas que están mal e non axudan a convivencia, das cousas que nos molestan e que podemos facer nós para mellorar a situación.



Valoramos a importancia de ter amigos e amigas e decimos que fai deles algo especial. A continuación plasmamos nunha ficha todo esto, debuxando "our best friends" (os nos@s mellores amig@s) e escribimos os seus "names".


Aquí tedes unha cancionciña da paz preciosa que incide na idea de que pese a que as persoas sexamos diferentes por fora por dentro somos iguais.


The Snowman





Parece que por fin chegou o inverno "winter" e con el as baixas temperaturas que nos sirven para aprender a nomear as prendas de vestir desta época  dun xeito significativo (coat, scarf, gloves, hat and boots).
Vestímonos e desvestímonos decíndoas e reforzamos este vocabulario co capítulo da nosa amiga Peppa Pig titulado Cold winter day (un frío día de inverno).





Pero o que máis nos fascina do inverno é a neve e como non, o poder xogar con ela e facer un boneco "snowman". Por iso eleximos esta canción tan entrañable dun babysnowman que ten dificultades para manterse en pe sobre o xeo. Practicamos expresións como It´s snowing (está nevando), It´s cold (vai frío) e vocabulario como snowflake (folerpa).




Como nos encantan os contos eleximos nesta ocasión un album ilustrado precioso titulado The Snowman de Raymnod Briggs. Un neno esperta emocionado un día de Nadal porque está nevando e fai un "snowman" que cobra vida pola maxia desta época e lévao atravesando o mundo enteiro a casa de Papá Noel.



O final resúltanos un pouco triste, pero plantexamos distintas posibilidades. Paga a pena que  vexades esta historia cos/as vosos/as fillos/as porque é preciosa.




Diseñamos e coloreamos o noso propio snowman, nomeamos as súas prendas e os máis pequenos fixérono cunha ilustración de Peppa Pig.



Seguiremos contándovos cousiñas da nosa vida nas aulas. 
Agora toca prepararse para a celebración do día da Paz ( Peace).

We wish you a Merry Christmas!


Parece mentira pero xa acabamos o primeiro trimestre e marchamos as nosas casas con moita ilusión por celebrar estas datas e coa satisfacción do traballo realizado. Recollimos as fichas de English nestas carpetiñas que nos quedaron fenomenal. Este ano Papá Noel ven en barco cargado de agasallos e a ruta venlle guiada pola luz do faro británico de Cornualles (Longship lighthouse).
Nas portadas está adornado con motivos navideños, pero mirade que bonito luce tamén de ordinario na visión dos nosos/as nenos/as.


E como non hai Nadal sen panxoliñas velahí van as nosas "favourite"





A disfrutar das Navidades. Merry Christmas!

The Whole Sea!!!


Este curso todo o claustro de profesores/as do CRA de Bergondo embarcámonos (e nunca mellor dito) nun proxecto común: The whole sea/ O mar enteiro.
Estamos moi ilusionados/as aprendendo e descubrindo cousas do mundo do mar.
Nas clases de inglés empezamos cunha cancionciña como punto de partida e lanzámonos a pescar con cana.




Eleximos un conto no que o protagonista é un peixe moi creativo e inventeiro que acude sempre tarde ás súas clases no fondo do mar. O seu nome é Tiddler e as súas excusas polos seus continuos retrasos fascinan a todos, pero verase envolto en situacións de perigo que se resolven felizmente.





Este precioso conto de Julia Donaldson e ilustrado por Alex Scheffer nos sirve ademais para falar da selección dos tamaños nas capturas de pesca e mais a contaminación do mar.
Como estamos motivadísimos/as coa visita ao noso faro mais emblemático: a Torre de Hércules, aproveitamos para falar doutros "lighthouses" coñecidos de Galicia e iniciar unha viaxe a terras celtas en Reino Unido; a rexión de Cornualles (Cornwall), da que xa vimos unha referencia na Rosa dos Ventos en Coruña.
Buscamos imaxes en internet e apreciamos o parecido desta comarca con Galicia. Falamos da antigua crenza de que a terra era plana e o mundo acababa en Fisterra e descubrimos que en Cornwall hai tamén un Fisterra chamado así Landsend.
Comparamos ambos faros ( Faro de Fisterra e Longship Lighthouse en Cornwall) e realizamos un percorrido imaxinario.

O noso amigo Cheeky axúdanos na visita.






Xa estamos preparados/as para enfilar cara a augas mais frías e achegarnos un chisco ao pais de Father Christmas (Papá Noel) porque xa ule a Nadal.
Kisses and see you soon!

skeletons



Xa víchedes na entrada anterior algunhas das nosas cancións favoritas de Halloween, aquí vos deixamos a interpretación dos nenos e nenas de Vixoi do tema I´m skeleton, mirade que ben o pasamos ao tempo que aprendemos algunhas parte do corpo.




Ata a próxima!!! Enjoy!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...