Mi lista de blogs

Back to school! /De volta ao cole!


Despois dunhas merecidas vacacións, toca voltar ás aulas. Xa estamos preparando todo para que o inicio, aínda que algo duro, sexa o mellor posible. De seguro, algúns xa teñen ganas de se atopar cos seus compañeir@s. Este curso será Cheeky Monkey quen nos acompañe nas sesións de inglés e nos entreteña coas súas aventuras mentras aprendemos. Xa estamos a elexir novos contos e cancións.
Xa queda pouquiño, bicos e ata o mércores 11. See you on wednesday!



Summer holiday

Despois dun curso onde traballamos e disfrutamos aprendendo, agora toca descansar e cargar as pilas. Dende o blogue de inglés deséxovos a toda a toda a comunidade educativa (nen@s, pais/nais, Concello, compañeiras/o,...) que pasedes unhas boas vacacións. Happy Summer!

Jungle animals





Levamos todo o curso no CRA participando nun proxecto precioso a través do cal estamos a coñecer o mundo enteiro. Estes días paramos en África e descubrimos moitas cousas interesantes deste fascinante continente.
Nas clases de inglés, e grazas ao noso amigo Monkey, disfrutamos de historias onde os protagonistas son animais da selva africana: Jungle Street hide and seek, aprendemos os nomes destes "animals" e tamén esta canción na que puxemos moito entusiasmo. Ofrecémosvo primeiro a versión orixinal e despois a nosa particular maneira de interpretala.
Non digades que non o dan todo!

Sally the camel and the Bergondiñ@s´ perfomance.



Como vos prometera na anterior entrada do blogue, aquí vos presento aos nenos e nenas do CRA (chamados cariñosamente Bergondiñ@s) gozando coa canción de Sally de Camel, cada un á súa maneira, uns bailando e outr@s cantando. Ata os propios camellos comentan a súa "perfomance" (actuación). A vós que vos parece? Mirade aos nen@s da escola de Lubre con que ritmo siguen a canción.



E que me decides do ben que cantan e con que interés @s da escola de Guísamo?


Xa nos queda pouquiño para a visita a Cruz do Sar, que preparadiñ@s estamos!non si? Si queredes cantar connosco tedes a letra e o vídeo orixinal da canción na entrada anterior. kisses!!!

Sally the camel song



Nas clases de inglés combinamos as unidades do libro de texto con outras de creación propia en coordinación coas titoras e dentro do proxecto do CRA do mundo enteiro. Nesta ocasión en todas as aulas estamos a aprender cousas sobor de África e mais concretamente de Exipto grazas a Madlenka.
Que mellor maneira de empezar, que con esta simpática canción que nos ensinou a profe María, e que nos animou a  cantala tamén en inglés. Con ela practicamos a contar cara atrás.
Aquí tedes a letra por se non comprendedes o inglés dos vosos fill@s:



E o vídeo da canción para disfrutar toda a familia.
  


Con ela bailamos e cantamos preparando a nosa visita a Cruz do Sar. Nos próximos días colgaremos os vídeos das distintas escolas interpretando esta canción. Estade atentos/as!!!!

Daily routines (rutinas diarias)


Na entrada anterior presentamos unha canción para aprender o nome das "fruit" sacada dunha páxina web con multitude de recursos: dreamenglish.com. Nela descubrimos outra "song" que nos encantou (wake up/ a espertar) e que utilizamos para aprender a expresar en inglés cal son as nosas rutinas diarias "daily routines" para vir ao cole (espertar, lavar a cara, almorzar, peitearse, lavar os dentes e ir ao cole). Vede como escenificamos algúns exemplos.

  




Recoméndovos que poñades a canción unha e outra vez e vos animedes a escenificala e cantala cos vosos fill@s (algúns xa o fan "very good"), é un xeito magnífico de acompañalos no seu proceso de aprendizaxe e veredes  que é ben pegadiza.

Fruit


Na programación dos contidos das sesións de inglés combino unidades de elaboración propia (incluidas dentro do proxecto do CRA: O mundo enteiro) con outras do texto utilizado polos alumn@s de 4 e 5 anos, ampliadas e adaptadas ás nosas necesidades.
Nesta ocasión os amigos de Monkey merendan na escola e ese día toca froita. Deste xeito aprendemos nomes de "fruit in English: pears, plums, oranges, apples, cherries and bananas".
Vemos a historia nas pantallas das aulas, elaboramos as fichas do libro (@s de 3 anos unha adaptada para eles) e xogamos con tarxetas de froitas a un xogo de parellas de atención e memoria.


Por suposto non podía faltar un tempo para un conto (story time) e que mellor elección que The very hungry caterpillar de Eric Carle. Nesta historia unha eiruga sae do seu ovo con fame e roe cada día diferentes pezas de froita. Ademais este conto nos sirve para practicar expresións como: "I´m hungry. I want to eat!" (teño fame, quero comer).


E como nos encantan as cancións e son un recurso fantástico para aprender, eleximos esta do blogue de dreamenglish. A nós gústanos ben, a ver a vós que vos parece.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...