Mi lista de blogs

From St Valentine´s to United Kingdom

 
A celebración do día de San Valentín o 14 de febreiro levounos a aprender que, se ben en España é o día dos namorados, noutros lugares do mundo é o día do amor nas súas diferentes variantes (filial, fraternal, aos amig@s,...) Con tal motivo Monkey recibiu a visita dun "friend" moi especial chegado de Londres. Con el practicamos a decir o noso nome (My name is...) e encantad@ de coñecerche (nice to meet you!).


Teddy tróuxonos monedas do seu pais: "pounds" e deixóunolas tocar.


Tamén aprendemos con Teddy moitas cousas do seu país: United Kingdom (Reino Unido). Por que se chama así, cal é a súa "flag", onde está situado, como se chama a súa raíña, os seus monumentos mais importantes. Gracias ás compañeiras por nos prestar material. Vede como nos encanta aprender cousas de outros países.


Elizabeth (the queen) nun "10 pounds note".

















































































































Realizamos fichas dos monumentos e obxectos típicos de Londres.


Falamos da importancia da amizade "friendship", debuxamos aos nosos "best friends e limos un conto de Eric Carle no que un ratonciño pequeno "little mouse" buscaba un amigo repetindo todo o tempo "Do you want to be my friend?" tamén realizamos unha ficha sobor do conto.




Seguiremos aprendendo cousas de Reino Unido. Kisses for everyone!!!

I´m a pirate!



A semana pasada vivimos con ilusión o ambiente do Entroido en todas as aulas. Os amigos de Monkey (Rocket, Star, Twig e Melody) tamén nos fixeron difrutar coas súas aventuras. Na súa "classroom" tiñan unha caixa de disfraces e vestiron de "pirate, fairy, crocodile and clown". Aprendimos con eles vocabulario de "Carnival" e construimos os nosos propios sombreiros de piratas. Mirade que ben nos quedaron.
(Os nenos/as de Silvoso e Lubre non saen nas fotos por problemas técnicos coa cámara. Sorry!)

Premede dúas veces para escoitar a música.

I´m a pirate!!! on PhotoPeach

Peace and friendship (paz e amizade)



O libro de Hugless Douglas (a historia dun oso que buscaba unha aperta de cariño) ensinounos que existen moitos tipos de "hugs". Eleximos os nosos favoritos e debuxámonos abrazando aos nosos seres mais queridos.




Falamos do que nos gustan as apertas e practicamos na clase cos nos@s compañeir@s. Que mellor actividade poderiamos elexir para empezar a semana da Paz! Aquí podedes ver algúns dos nosos mellores"hugs":

A tender hug (aperta de cariño)


A sandwich hug (aperta bocadillo) 


Back to back hug (aperta costas con costas)


Chain hug (aperta en cadea)



Group hug (aperta en grupo)


Animádevos a practicalas. Happy Peace Day and tender hugs for everybody! Feliz día da Paz e apertas de cariño para tod@s!

Learning colours in English (aprendemos as cores)




Nas distintas escolas do C.R.A de Bergondo predominan as aulas mixtas onde conviven no proceso de aprendizaxe nenos e nenas de tres, catro e cinco anos. No deseño das sesións das clases de inglés , e tendo en conta esta particularidade, introducimos cancións, xogos e historias que permitan aos mais pequenos aprender as cores e os números "in English" e tamén reforzar nos maiores o xa adquirido.
Esta semana combinamos nas clases as aventuras de Monkey e os seus amigos, con outra gran amiga: Peppa Pig. Visionamos o capítulo "The rainbow" co que practicamos as cores en inglés. Cada un expresou as súas preferenzas: "What´s your favourite colour?" e tivo oportunidade de saber cal era a elección da familia de Peppa Pig. Podedes acceder a estes capítulos a través deste blogue (Learning English with Peppa Pig) ou ben na páxina de CLAN-Peppa Pig en inglés. Ás veces non está operativa.   
Asemade aquí vos deixamos esta nova canción para aprender "colours" dun xeito divertido. O proceso de aprendizaxe de cada nen@ é diferente e visionar estes vídeos na casa axuda a axilizalo.
Enjoy!


Christmas presents


As festas de Nadal xa remataron e na volta ás aulas convivían a ilusión e as ganas de contar o que nos trouxeran os Reis Magos e Father Christmas.  Por suposto o noso amigo Monkey tamén recibiu a visita destes amigos que lle deixaron un "present" moi especial debaixo do "Christmas tree", un libro en inglés que quixo compartir con tod@s esta semana e que contamos nas distintas aulas: Hugless Douglas de David Melling. 


É a historia dun oso (Douglas) que necesita unha gran aperta (a big hug) e se levanta unha mañá en busca dunha. Tras vivir diferentes experiencias, atopa a un "rabbit" que lle axuda a atopar a mellor aperta de todas: a da súa mamá.
Con este libro ao tempo que aprendemos vocabulario en inglés (bear, tree, sheep, owl, rabbit, cave, hug,...) valoramos a importancia do cariño e de sentirse querido.
Rematamos a lectura cunha cadea de apertas ou "hugs" que nos prepara xa para a celebración do día da paz coa que remataremos xaneiro. 
Podedes ver neste vídeo unha presentación do libro para que vos fagades unha idea.




Monkey adora os contos. Regalar libros é sempre unha gran opción. Coas diferentes historias formámonos como persoas e nos permite vivir experiencias que non poderíamos na vida real e o mais importante de todo: soñar.

We wish you a Merry Christmas!




Dende o blogue de inglés do CRA de Bergondo querémosvos desexar "Merry Christmas and Happy New Year" a tod@s s que compoñedes a comunidade educativa.
Estes días polas aulas vivimos con ilusión os días previos ao Nadal. Preparamos as nosas carpetiñas de traballos, recibimos visitas moi especiais e cantamos pansoliñas en inglés.
Aquí tedes unha mostra do traballo e o entusiasmo.






Os maiores de Guísamo nos ofrecen este "carol" tan especial para alegrarnos as festas, vede que ben o fan.





Ainda que o noso favorito é Jingle Bells que cantamos sentad@s do revés nas sillas como se baixaramos en trineo pola neve. Esta é a versión que mais nos gustou.




Merry Christmas!!!!

We love Christmas! Encántanos o Nadal!




Como ben nos di a foto, temos novas de que Papá Noel xa deixou as terras de Laponia para emprender o seu traxecto ata Bergondo e repartir ilusión e agasallos por todo o Concello. Así que, contaxiados do entusiasmo, comezamos a aprender cousiñas sobor do Nadal en inglés ( Christmas).
Como somos uns apaixoad@s dos libros disfrutamos con dous moi especiais: Fancy dress Christmas e How to catch a star.


O primeiro do magnífico ilustrador Nick Sharrat, nos axuda a aprender vocabulario propio destas datas dun xeito moi visual e motivador ( Christmas tree, snowman, Santa/ Father Christmas...).
O segundo, escrito por Oliver Jeffers, é unha historia entrañable dun neno que soña con coller unha estrela para ser o seu amigo e xogar e pasear con ela. 


Este precioso conto nos sirve como elemento para presentar á protagonista da panxoliña que non parará de soar estes días nas distintas aulas nas sesións de inglés: Twinkle twinke little star. O vídeo tomado de you tube nos encanta pola tenrura do argumento. Vede como gozamos, non dubidedes en poñerllo na casa aos vosos nen@s cantas veces queiran é un gran xeito de traballar o seu ouvido.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...