Mi lista de blogs

Peace and friendship (paz e amizade)



O libro de Hugless Douglas (a historia dun oso que buscaba unha aperta de cariño) ensinounos que existen moitos tipos de "hugs". Eleximos os nosos favoritos e debuxámonos abrazando aos nosos seres mais queridos.




Falamos do que nos gustan as apertas e practicamos na clase cos nos@s compañeir@s. Que mellor actividade poderiamos elexir para empezar a semana da Paz! Aquí podedes ver algúns dos nosos mellores"hugs":

A tender hug (aperta de cariño)


A sandwich hug (aperta bocadillo) 


Back to back hug (aperta costas con costas)


Chain hug (aperta en cadea)



Group hug (aperta en grupo)


Animádevos a practicalas. Happy Peace Day and tender hugs for everybody! Feliz día da Paz e apertas de cariño para tod@s!

Learning colours in English (aprendemos as cores)




Nas distintas escolas do C.R.A de Bergondo predominan as aulas mixtas onde conviven no proceso de aprendizaxe nenos e nenas de tres, catro e cinco anos. No deseño das sesións das clases de inglés , e tendo en conta esta particularidade, introducimos cancións, xogos e historias que permitan aos mais pequenos aprender as cores e os números "in English" e tamén reforzar nos maiores o xa adquirido.
Esta semana combinamos nas clases as aventuras de Monkey e os seus amigos, con outra gran amiga: Peppa Pig. Visionamos o capítulo "The rainbow" co que practicamos as cores en inglés. Cada un expresou as súas preferenzas: "What´s your favourite colour?" e tivo oportunidade de saber cal era a elección da familia de Peppa Pig. Podedes acceder a estes capítulos a través deste blogue (Learning English with Peppa Pig) ou ben na páxina de CLAN-Peppa Pig en inglés. Ás veces non está operativa.   
Asemade aquí vos deixamos esta nova canción para aprender "colours" dun xeito divertido. O proceso de aprendizaxe de cada nen@ é diferente e visionar estes vídeos na casa axuda a axilizalo.
Enjoy!


Christmas presents


As festas de Nadal xa remataron e na volta ás aulas convivían a ilusión e as ganas de contar o que nos trouxeran os Reis Magos e Father Christmas.  Por suposto o noso amigo Monkey tamén recibiu a visita destes amigos que lle deixaron un "present" moi especial debaixo do "Christmas tree", un libro en inglés que quixo compartir con tod@s esta semana e que contamos nas distintas aulas: Hugless Douglas de David Melling. 


É a historia dun oso (Douglas) que necesita unha gran aperta (a big hug) e se levanta unha mañá en busca dunha. Tras vivir diferentes experiencias, atopa a un "rabbit" que lle axuda a atopar a mellor aperta de todas: a da súa mamá.
Con este libro ao tempo que aprendemos vocabulario en inglés (bear, tree, sheep, owl, rabbit, cave, hug,...) valoramos a importancia do cariño e de sentirse querido.
Rematamos a lectura cunha cadea de apertas ou "hugs" que nos prepara xa para a celebración do día da paz coa que remataremos xaneiro. 
Podedes ver neste vídeo unha presentación do libro para que vos fagades unha idea.




Monkey adora os contos. Regalar libros é sempre unha gran opción. Coas diferentes historias formámonos como persoas e nos permite vivir experiencias que non poderíamos na vida real e o mais importante de todo: soñar.

We wish you a Merry Christmas!




Dende o blogue de inglés do CRA de Bergondo querémosvos desexar "Merry Christmas and Happy New Year" a tod@s s que compoñedes a comunidade educativa.
Estes días polas aulas vivimos con ilusión os días previos ao Nadal. Preparamos as nosas carpetiñas de traballos, recibimos visitas moi especiais e cantamos pansoliñas en inglés.
Aquí tedes unha mostra do traballo e o entusiasmo.






Os maiores de Guísamo nos ofrecen este "carol" tan especial para alegrarnos as festas, vede que ben o fan.





Ainda que o noso favorito é Jingle Bells que cantamos sentad@s do revés nas sillas como se baixaramos en trineo pola neve. Esta é a versión que mais nos gustou.




Merry Christmas!!!!

We love Christmas! Encántanos o Nadal!




Como ben nos di a foto, temos novas de que Papá Noel xa deixou as terras de Laponia para emprender o seu traxecto ata Bergondo e repartir ilusión e agasallos por todo o Concello. Así que, contaxiados do entusiasmo, comezamos a aprender cousiñas sobor do Nadal en inglés ( Christmas).
Como somos uns apaixoad@s dos libros disfrutamos con dous moi especiais: Fancy dress Christmas e How to catch a star.


O primeiro do magnífico ilustrador Nick Sharrat, nos axuda a aprender vocabulario propio destas datas dun xeito moi visual e motivador ( Christmas tree, snowman, Santa/ Father Christmas...).
O segundo, escrito por Oliver Jeffers, é unha historia entrañable dun neno que soña con coller unha estrela para ser o seu amigo e xogar e pasear con ela. 


Este precioso conto nos sirve como elemento para presentar á protagonista da panxoliña que non parará de soar estes días nas distintas aulas nas sesións de inglés: Twinkle twinke little star. O vídeo tomado de you tube nos encanta pola tenrura do argumento. Vede como gozamos, non dubidedes en poñerllo na casa aos vosos nen@s cantas veces queiran é un gran xeito de traballar o seu ouvido.



Five little ducks


A entrada de hoxe dedica especial atención aos mais pequeniñ@s do CRA (@s de tres aniños ou casi). Na maioría das nosas aulas conviven con compañeir@s de catro e cinco anos, por tanto síntense arroupados por eles no seu proceso de aprendizaxe e actúan e participan nas actividades da aula por imitación. 
No deseño das sesións das clases de inglés temos sempre un ratiño para acompañar aos máis pequeniñ@s no seus primeiros pasos nesta lingua. Contar in English é algo moi motivador, e que mellor xeito de facelo que cunha canción axeitada: Five little ducks.
O noso amigo Monkey acudiu ás escolas con dúas "puppets" (dúas simples manoplas de ducha con motivos de parrulos) de "mummy duck" (mamá pata) e os seus cinco filliños "five little ducks". Con elas contamos cara adiante e atrás.



Anímovos a que cantedes con eles na casa, aquí tedes a letra da canción (que vos axudará a interpretar o inglés dos vosos fill@s) e mais o vídeo.







Enjoy!!! (disfrutade).

Madlenka and The tooth fairy



No Cra de Bergondo estamos a aprender moitas cousas de diferentes países do mundo grazas a Madlenka, unha nena que vive en New York á que se lle cae un dente. Semellante acontecemento faille querer compartilo con todos os seus amigos: un panadeiro francés, un vendedor de xornáis da India, un xeadeiro italiano, unha muller alemana, o fruteiro latinoamericano e o vendedor asiático.  Todos eles lle contan a Madlenka as maravillas dos seus países.
Na clase de inglés aproveitamos a caída do dente de Madlenka para introducir a figura da Tooth Fairy (fada dos dentes) a equivalente ao Ratiño Pérez nos países anglosaxóns. 


The Tooth Fairy tamén lle fai unha visitiña a nosa amiga Peppa Pig, vede que sorpresiña leva, premede no enlace para ver o capítulo.


Así disfrutamos coloreando a "the Tooth Fairy":





O dente de Madlenka nos da pé para traballar os hábitos de hixiene bucal. Aprendemos así a dicir dente, pasta e cepillo "tooth, tooth paste and tooth brush" e a cantar a canción de lavado de dentes. This is the way I brush my teeth...(así eu cepillo os dentes).

  

Esta é unha versión que escoitamos en you tube que nós simplificamos un pouquiño.




Pronto colgaremos vídeos de nós cantando e veredes que ben o facemos!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...