Mi lista de blogs

Incy Wincy spider


Como na aula das bolboretas en Carrio son tan amig@s dos animaliños, decidimos disfrutar con esta canción tradicional dunha araña "spider" que sufre un pouco para subir pola tubería en días de choiva. Con ela ao tempo que aprendemos, melloramos tamén a nosa coordinación manual. Vede que ben o facemos! Tamén vos presento a letra e mais o vídeo do British Council (que foi o que  utilizamos para aprendela) por se vos queredes animar vos na casa a cantar con eles. 








Our hands





Na unidade da granxa "farm" que estamos traballando, non pode faltar un tempo para as cancións que tanto nos gustan e coas que aprendemos un montón. Xa vos presentamos na anterior entrada "Old Mac Donald" e agora ímosvos sorprender con "Our hands" (as nosas mans) na que traballamos os conceptos de "dirty" (sucio) e "clean" (limpo) e que gardan relación coa historia de Cheeky (os animaliños ensúcianse no barro e acuden ao granxeiro para que os lave).



Esta canción tan útil sírvenos para acompañar o lavado de mans á volta do patio.

 

Farm animals



Despois dunha temporadiña viaxando polo espacio, concentrámonos agora nos animais de granxa " farm animals".




Cheeky Monkey levounos a unha "farm" onde os seus animaliños eran algo traviesos. Con el aprendimos os seus nomes en inglés: horse, duck, cow e sheep e a expresar os conceptos de "dirty" (sucio) e "clean" (limpo). Melloramos a nosa comprensión oral  escoitando estas aventuras e realizamos fichas sobor da historia. Tamén utilizamos as pantallas dixitais para facer xogos do CD interactivo cos que reforzamos a adquisición do novo vocabulario dun xeito divertido. 




Como disfrutamos moito cos contos, eu seleccionei Spot´s noisy tractor, que é unha historia dun canciño (Spot) que visita unha granxa co seu pai e vai coñecendo os distintos animais que alí viven.

  
Durante o tempo da realización das fichas, adoitamos escoitar cancións da temática que tratamos para que así sigan traballando    o seu ouvido nesta lingua e nesta ocasión a elexida foi Old Mc Donald had a farm. 

   

Our spaceships



Tanto nos gustou a aventura de Wallace e Gromit na súa viaxe á lúa, que xenerou a construcción das nosas propias "spaceships" para sentirnos nós tamén un poquiño heroes espaciais. Ata Cheeky Monkey buscou traxe de astronauta e participou connosco seguindo as instrucións facilitadas pola revista que nos trouxo Manuel. 
Cando realizamos unha actividade de "craft in English" (plástica en inglés) conseguimos un doble obxectivo: por unha banda aumentar a motivación e, por outra, reforzar o vocabulario de intrucións, cores e material nesta lingua dun xeito significativo.
Asemade ao facer despegar as nosas naves (blast off) practicamos a conta atrás en inglés, traballo co seu grado de complicación para nen@s de infantil. 
Houbo que pospoñer algún día o lanzamento pola tormenta Berta, pero pese as dificultades as nosas "spaceships" surcan xa o espazo rumbo á lúa. Good luck!(boa sorte!).















The very hungry caterpillar


Comenzamos esta semana coa celebración do "Book Day" (día do libro) e que mellor xeito de facelo que coa lectura do conto "The very hungry caterpillar" de Eric Carle que foi a recomendación de Cheeky Monkey para esta data.



Disfrutamos do placer de escoitar esta bonita historia coa que practicamos vocabulario referente a comidas (froitas en especial), aprendemos a nomear aos protagonistas en inglés "caterpillar" (eiruga) e "butterfly" (bolboreta), ao tempo que expresamos a sensación de fame "I´m hungry, I want to eat" (teño fame, quero comer) e adxetivos como "delicious".
Aproveitando ao protagonista "the caterpillar" buscamos mais contos en inglés de eirugas, e Cheeky presentoulles este co que contamos cara adiante e atrás ata dez.


A miña visita a Londres ao final do curso pasado, foi moi fructífera, xa que alí puidenme facer con material moi difícil de conseguir aquí, como puzzles e barallas de cartas do conto de "The very hungry caterpillar" coas que aprendemos ao tempo que xogamos na clase.  



Tamén fixemos uso dos encerados dixitais das distintas aulas para traballar a nosa atención e memoria e reforzar o vocabulario.




Por suposto tamén realizamos diferentes fichas sobor da historia e iniciamos a elaboración de posters decorativos con material de refugallo.





Pasamos unha moi boa semana do libro, agora as nosas "spaceships" reclaman despegar en breve. 

Books in English...Good idea! Libros en inglés...Boa idea!



O vindeiro luns, día 23, celebramos o día do libro. Para todos aqueles pais e nais que teñades pensado agasallar a os vosos fill@s cun, por que non facelo con un "book in English" para que os vosos nen@s empecen a formar a súa propia biblioteca tamén en inglés. 
Cheeky Monkey, gran amigo deles, faivos desde este blogue unha recomendación The very hungry caterillar de Eric Carle. É, na miña opinión unha auténtica xoia de libro, moi visual, manipulable e con un esquema moi repetitivo que lles envolve na historia. Describe a vida dunha eiruga "caterpillar" ata converterse en bolboreta "butterfly". Con el aprenden tamén nomes de froitas e os días da semán. Estámolo a contar na clase (aproveitando que na aula das bolboretas iniciaron un proxecto dos vermes), e penso que ao coñecelo xa, resultará atractivo para eles adquirilo e velo na casa. Incluso algún nen@ se animará a verbalizar fragmentos. Sei que os libros en inglés non son doados de conseguir nas librerías tradicionais, sempre se pode recurrir a internet. 
Feliz día do libro! Happy Book Day!

Wallace and Gromit



Na escola de Carrio, na aula das xoaniñas están a facer un proxecto sobor do espacio e nós na clase de inglés recuperamos unha das aventuras de dúas personaxes entrañables da cultura británica Wallace e o seu canciño Gromit, na que deciden visitar a lúa, que visionamos nas pantallas das distintas escolas.
Con estes bonecos de plastilina melloramos a nosa comprensión oral ao tempo que aprendemos a expresar os nosos gustos e disgustos sobor das comidas. Wallace adora o queixo "cheese" e nós verbalizamos "I like cheese" ou "I don´t like cheese".
Manuel, un neno de Carrio, sorprendeunos cunha "spaceship" moi orixinal realizada por el, e penso que podiamos tentar de facela nas aulas a vindeira semán.   







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...