Mi lista de blogs

The very hungry caterpillar


Comenzamos esta semana coa celebración do "Book Day" (día do libro) e que mellor xeito de facelo que coa lectura do conto "The very hungry caterpillar" de Eric Carle que foi a recomendación de Cheeky Monkey para esta data.



Disfrutamos do placer de escoitar esta bonita historia coa que practicamos vocabulario referente a comidas (froitas en especial), aprendemos a nomear aos protagonistas en inglés "caterpillar" (eiruga) e "butterfly" (bolboreta), ao tempo que expresamos a sensación de fame "I´m hungry, I want to eat" (teño fame, quero comer) e adxetivos como "delicious".
Aproveitando ao protagonista "the caterpillar" buscamos mais contos en inglés de eirugas, e Cheeky presentoulles este co que contamos cara adiante e atrás ata dez.


A miña visita a Londres ao final do curso pasado, foi moi fructífera, xa que alí puidenme facer con material moi difícil de conseguir aquí, como puzzles e barallas de cartas do conto de "The very hungry caterpillar" coas que aprendemos ao tempo que xogamos na clase.  



Tamén fixemos uso dos encerados dixitais das distintas aulas para traballar a nosa atención e memoria e reforzar o vocabulario.




Por suposto tamén realizamos diferentes fichas sobor da historia e iniciamos a elaboración de posters decorativos con material de refugallo.





Pasamos unha moi boa semana do libro, agora as nosas "spaceships" reclaman despegar en breve. 

Books in English...Good idea! Libros en inglés...Boa idea!



O vindeiro luns, día 23, celebramos o día do libro. Para todos aqueles pais e nais que teñades pensado agasallar a os vosos fill@s cun, por que non facelo con un "book in English" para que os vosos nen@s empecen a formar a súa propia biblioteca tamén en inglés. 
Cheeky Monkey, gran amigo deles, faivos desde este blogue unha recomendación The very hungry caterillar de Eric Carle. É, na miña opinión unha auténtica xoia de libro, moi visual, manipulable e con un esquema moi repetitivo que lles envolve na historia. Describe a vida dunha eiruga "caterpillar" ata converterse en bolboreta "butterfly". Con el aprenden tamén nomes de froitas e os días da semán. Estámolo a contar na clase (aproveitando que na aula das bolboretas iniciaron un proxecto dos vermes), e penso que ao coñecelo xa, resultará atractivo para eles adquirilo e velo na casa. Incluso algún nen@ se animará a verbalizar fragmentos. Sei que os libros en inglés non son doados de conseguir nas librerías tradicionais, sempre se pode recurrir a internet. 
Feliz día do libro! Happy Book Day!

Wallace and Gromit



Na escola de Carrio, na aula das xoaniñas están a facer un proxecto sobor do espacio e nós na clase de inglés recuperamos unha das aventuras de dúas personaxes entrañables da cultura británica Wallace e o seu canciño Gromit, na que deciden visitar a lúa, que visionamos nas pantallas das distintas escolas.
Con estes bonecos de plastilina melloramos a nosa comprensión oral ao tempo que aprendemos a expresar os nosos gustos e disgustos sobor das comidas. Wallace adora o queixo "cheese" e nós verbalizamos "I like cheese" ou "I don´t like cheese".
Manuel, un neno de Carrio, sorprendeunos cunha "spaceship" moi orixinal realizada por el, e penso que podiamos tentar de facela nas aulas a vindeira semán.   







Easter


Parece mentira pero xa casi rematou o segundo trimestre, así que toca preparar as carpetas para os nosos traballos. Que mellor portada que con "Easter Bunny" (coelliño de pascua) de protagonista. Mans á obra, exercitamos os nosos "fingers" para combinar distintas técnicas. Empezamos con pintura de dedos, pero antes cantamos a canción do dedo índice (versión propia en inglés da que xa coñecemos en galego). Incluimos técnicas de recortado, coloreado, ...practicando o vocabulario correspondente. As fichas recollidas nas carpetas son froito dun camiño de aprendizaxe e esforzo.   






            " Index finger,Index finger
             Where are you?
             Here I am
             It is nice to meet you
             It is nice to meet you
             I say good bye
             and so do I."











Goldilocks and the three bears


Un pouquiño antes do Nadal, tivemos a sorte de contar coa visita no C.R.A. dun ratiño de biblioteca que nos deleitou con preciosas historias e contos. De todas elas, nós na clase de inglés recuperamos a de Riciños de Ouro (Goldilocks and the Three Bears) que contamos esta vez "in English". Aproveitando o material adquirido este curso, vímola nas pantallas das escolas nunha preciosa versión da Ed. Oxford, adaptada para nen@s de infantil. E como tamén é un dos contos favoritos de Cheeky, presentounos o seu xogo interactivo para os EDIs (encerados dixitais interactivos) co que traballamos o vocabulario da historia e entrenamos a nosa atención e memoria ao tempo que nos divertimos. 









One, two, three, count with me (unha, dúas, tres, conta comigo)


Nas nosas sesións de inglés aproveitamos todas as oportunidades posibles para contar: os nen@s que están no cole, os que quedaron na casa, os días que faltan para unha celebración importante,... Dentro do material adquirido este curso, temos estes libros tan atractivos que lles axudan aos mais pequeniñ@s a iniciarse no mundo dos números en inglés. Tamén vos presento algunhas das cancións que empregamos para aprender a contar. Mirade que ben o fan xa.



























 













Head, shoulders, knees and toes song


Xa falamos, en anteriores entradas, do papel tan importante que xogan as cancións na clase de inglés. De todas elas, as nosas favoritas son as de "T.P.R" aquelas que se acompañan de movemento corporal. Estes días andámoslle dando ritmo ás aulas con "Head, Shoulders, Knees and Toes"  coa que aprendemos distintas partes do corpo ao tempo que liberamos un pouco de enerxía. Vede que ben o facemos!!!







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...