Mi lista de blogs

It´s friday! Story time



   E casi sen darnos conta foi pasando outra semaniña. Today is friday! o noso día laboral favorito. Despois de tanto traballo durante estes días, hoxe como é venres e é o día que levades o libro da Biblioteca viaxeira, vouvos premiar cunha historia descabellada que me pedides no cole unha e outra vez. 

   A ver si acertades. Pois claro que si, There was an old lady who shallowed a fly. Un incrible conto dunha muller que tragou unha mosca e non se lle ocurriu mellor cousa que papar unha araña para que se comera a mosca. Ao non resolver o problema probou cun paxaro, logo cun gato...

   E unha boa excusa para repasar os nomes dos animaliños en inglés dun xeito moi divertido.
   

   Xa vos deixo co conto, pero non vos esquezades de decir as palabras para estar atentos e en silenzo. Ensinádellas aos vosos pais, nais, irmáns,...ou peleches q tamén poden escoitar o conto.

   "One, two, three look at me,
   one, two, three listen to me,
   one, two, three shhhhhhhhh"

   Story time



   Desta vez cambiamos de versión, que tamén é moi divertida. Sería estupendo que vos animásedes a facer un debuxo do conto e decorásemos o cole con eles á volta.

   Non sempre temos que traballar. Tamén está ben gozar cun bo conto sen mais, pero como sei que este gústavos moito. Aquí tedes varias propostas de actividades.

 
   Esta os/as maiores podédela facer sen axuda. Coloreando e pegando os animaliños na orden na que aparecen.

   A continuación tedes ideas para facer un móbil, ou simplemente colrear e xogar a contar a historia.



   Have a nice weekend! Boa finde e seguide sendo así de boíños/as.

Celebrating Birthday at Home


   Moito nos gusta celebrar!!! No cole cando é o cumpleaños de algún/ha de nós, poñemos por aclamación popular a canción dos Minions de "Happy Birthday just for you", que nos fai sentir especiais. Como ten que ser!!! Monkey tíranos das orellas e todos/as cantamos e disfrutamos coas tolerías dos minions. 

   Seguramente a algún/ha de vós vaille cadrar o cumple na casa, pero témolo todo pensado para que tamén sexa un día especial "with English" jjjj. Vouvos poñer a nosa cancionciña  de "Birthday" e seguro que toda a familia disfruta dela coma nós no cole.



   Mañá é o cumple de Cheeky e xa anda nervoso. Normal, cumple "five". Imos prepararlle una banana cake que esperemos estea tan "yummy" coma a do seu cumple do ano pasado.



   Xogade a unir os "numbers" coas pezas de cada comida ( podedes imprir a ficha) e si vos animades facede un debuxo de cómo sería a vosa "cake" favorita.

   Happy Birthday!!! para todos/as @s cumpleañeir@s destes días, xa veredes como en nada estamos todos xuntiños para celebralo. Non imos dar feito!!!jjjj

   Veña vai, que hai motivos, outra cancionciña mais.


   Xa vai quedando menos, un superkiss.

Hungry monkeys


   Estamos a media mañá e é a hora de merendar. Os nosos amigos Monkey, Cheeky monkey, Baby monkey e Cookie van compartir two bananas. Seguro que nos lles duran nin cinco segundos. Espero que estes días vos estedes alimentando ben. Como de seguro é así, hoxe póñovos de premio unha das vosas cancións favoritas sobre as comidas. Non esquezades decir "Yes, I do " se vos gusta ou "No, I don´t " se é ao contrario.



   Non probedes a facer estas extrañas combinacións na casa jjjj. Iso si, felicitade a papá ou a mamá se vos gusta a súa comida dicindo coma no cole "yummy yummy to my tummy". 

   Recordámolo con outra canción?




   Espero que estes días non vos esquezades de comer pezas de froita. Anímovos a decilas in English a toda a familia. E para reforzar o vocabulario da froitas e as comidas en inglés, que mellor que a historia da oruga mais larpeira que coñecemos "The very hungry Caterpillar" de Eric Carle. Déixovos disfrutar con ela, que un contiño senta ben a calquera hora do día.





   Xa queda menos, moito ánimo!!!

Having a bath


   Estes días que estamos na casa, parece que da un pouquiño de preguiza seguir cos hábitos de hixiene de todos os días. Para animar aos mais peques a que disfruten dun bo baño e o fagan dun xeito lúdico, propóñovos  que lles poñades antes esta canción e os mais atrevidos/as cantédela con eles unha e outra vez. É un bo xeito de repasar as partes do corpo en inglés.



   E si quedades con ganas de seguir practicando e vos apetece outra cancionciña do corpo con mais movemento, invítovos a cantar e interpretar a supercoñecida (e unha das nosas favoritas) Head, shoulders, knees and toes. Nós cantámola no cole a primeira vez slowly (amodiño) e a segunda very fast ( moi deprisa). Esta segunda rolda failles moita graza porque non damos feito jjjj.


   Unha aperta virtual e moito ánimo familias. 

Keeping fit with Easter Bunny

      Hello everybody! Levamos xa dez días na casiña e supoño que perdemos un pouco a conciencia do tempo, pero cada vez queda menos para Pascua e o noso coelliño xa está preparando eses deliciosos ovos que esperamos con ilusión.

   Como seguramente estades saturados de debuxos e actividades, hoxe vouvos propoñer a toda a familia que vos manteñades en forma coas indicacións do noso Easter Bunny. De seguro que despois dun pouco de actividade física xuntos, o ánimo mellora.

   Para os/as mais esixentes deportivamente, probade a facela unha e outra vez. Espero que pasedes un rato agradable ao tempo que os/as vos@s fill@s aprenden accións de movemento en inglés.
   Velahí vai!



More routines: Numbers


   E seguimos coas rutinas da aula. Cada día decimos quen está e quen non no cole  cunha canción e contamos os nenos e nenas que hai. Hoxe vouvos proponer ás familias que vos animedes a escenificar e cantar con eles a nosa canción favorita para aprender a contar ata dez. Son os monstros bracilongos que nos dan vidilla  e nos manteñen activos.


   E por suposto tamén practicamos cómo contar cara atrás coa axuda dos nosos "monkeys" gamberretes que non saben que non se debe saltar na cama.


   Como xa é a hora do almorzo e parece que na casa entra mais fame, velahí outra cancionciña mais de "numbers" coa que nos imos familiarizando con cantidades maiores coas nosas mascotas.


   Hoxe o día vai mais musical que luce o sol e da ánimo nestes días difíciles. A ver se se animan os meus "monkeys" e vos mandan un saudiño virtual un destes días. 

   A big hug families/ una aperta enorme familias.

Daily routines in English


   Durante estes días que os vosos/as pequenos teñen que estar na casa, quero achegarvos ( na medida do posible) ás rutinas que a cotío seguimos na clase de inglés. Hoxe imos empezar polo tempo que vai / What´s the weather like? ou How´s the weather? que é a fórmula que empregamos nós.

   Entre todos/as decimos o tempo que vai e o encargad@ coloca no taboleiro o símbolo que temos para tal fin. Logo cantamos conxuntamente a canción que vos colgó a continuación, que ten un enorme éxito polos animaliños que saen voando e mais oPapá Noel. Invítovos a cantala con eles e a que os/as animedes a construir o seu propio recuncho de símbolos metereolóxicos. 

   Poden colorear este que vos presento ou construir un weather spinner co que poderedes interactuar.








Aquí tedes os vídeos da nosa canción favorita e mais de cómo facer un weather spinner:




   Seguirei colgando mais recursos. Unha aperta virtual e moito ánimo!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...